O noso alumnado de 2º de ESO e 4º de ESO (Música) participou nunha nova edición do Encontro de Alumn@s de Música de Secundaria de Galicia, organizado por ASOMÚSICA (Asociación de Profesorado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia).
Nesta ocasión o encontro, no que participaron 15 centros de toda Galicia, tivo lugar no auditorio Abanca de Santiago de Compostela, onde cada instituto interpretou un ou dous temas e participou en diversos obradoiros con temática musical.
Ademais, este ano o cartel que promocionou o evento foi deseñado polos alumnos de 4º de ESO Brais Fernández Copons e Alejandro García Bendaña, cuxa proposta foi seleccionada entre os traballos creados para a ocasión en Educación Plástica, baixo a supervisión da profesora Ana González.
|