Eventos
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha saída didáctica o venres 25 de xaneiro ao Auditorio de Galicia (12:00h) para ver o espectáculo "De tradición", con Suso Vaamonde, onde coñeceron de primeira man multitude de instrumentos populares galegos e o seu funcionamento. A desfrutar rapaces!!! |
O Departamento de Francés do noso CPI organizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela o luns 28 de xaneiro. Esta actividade estivo dirixida a todo o alumnado de Francés de Educación Secundaria, que tivo a oportunidade de asisitir á representación da peza teatral Le petit malade imaginaire. Tratábase dunha adaptación da clásica e universalmente coñecida comedia do autor Jean-Baptiste Poquelin, "Molière", cuxa posta en escena correu a cargo de BHM Producciones. |
O alumnado de Educ. Infantil asistiu a un espectáculo de danza titulado "Burbullas de papel" no auditorio da Fundación. Este espectáculo en verbas combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga dende a imaxinación d@ nen@ para ir a un mundo fantástico. Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece a unha fada traste que lle axudará a acadar o seu obxectivo: devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e danzar a todo o mundo. |
O alumnado de 1º e 2º de Educ. Primaria asistiu ao espectáculo GAIA no Teatro Principal de Santiago de Compostela Unha historia en movemento na que a pintura, a música e o audiovisual axúdannos a descubrir a intensidade, o poder e as belezas do noso planeta e dos seus tesouros naturais. |
O venres 15 de febreiro o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de participar nunha demostración de boccia; trátase dunha disciplina deseñada para persoas con disversidade funcional e aceptada como deporte paralímpico dende 1984. A Asociación Aixiña, de Ourense, foi a encargada de darlle a coñecer en profundidade ao noso alumnado este deporte adaptado. Velaquí tedes o artigo publicado en "La Voz de Galicia" o 17/02/2019. |
O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu o xoves 21 de febreiro, no Auditorio de Galicia, ao espectáculo "Pangea: A paisaxe sonora do noso planeta". A Real Filharmonía de Galicia e o multinstrumentista Abraham Cupeiro propuxéronnos unha viaxe ao redor do planeta a través da música que soa nas diferentes partes da Terra. |