Skip to Content

COLABORACIÓN CO BANCO DE ALIMENTOS

O venres 25 de novembro, os nosos alumnos de 3º ESO da materia de Proxecto Compentecial, sairon do centro para colaborar como voluntarios na Gran Campaña de recollida de alimentos do Banco de alimentos da Coruña.
Foi unha experiencia marabillosa, onde os alumnos e alumnas amosaron un gran sentido da responsabilidade e compromiso coa causa.
Explicaron ós clientes en qué consistía a campaña, clasificaron os alimentos entregados e comprobaron que a colaboración supón un verdadeiro esforzo para os cidadáns debido ó encarecemento dos prezos da alimentación.
Unha xornada moi completa á que esperemos, podamos darlle continuidade moi pronto en colaboración con BALRIAL.
Grazas chicxs!!

                                                                                                                        Preme na imaxe para ver todas as fotografías

Álbum: SECUNDARIA 22/23 -> Banco de alimentos


album | by Dr. Radut