Dende o ano 2020 o noso centro estivo a desenvolver o proxecto "Expanding Borders". A través del, o profesorado tanto de primaria coma de secundaria, levou a cabo unha formación consistente en: cinco cursos sobre a temática das novas tecnoloxías nas aulas e a inserción e atención de alumnado con necesidades especiais, e asimesmo, dúas estancias de observación en Francia e Italia para ver cómo traballan alí estes mesmos temas.
A experiencia non puido ser mellor nin máis recomendable. Chegamos todos cheos de novas experiencias, novas amizades, e sobre todo, novos coñecementos para compartir con toda a nosa comunidade educativa.
Como demostran estas fotos, non só conseguimos superar os cursos, senón que tamén atendemos a clases novas e fixemos novos contactos noutros países para futuros proxectos de internacionalización da nosa escola.
PREME NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOGRAFÍAS