Skip to Content

AXUDAS PARA O ALUMNADO DO CONCELLO DE CORISTANCO.

Remitimos a información que nos achegaron os Servizos Sociais do Concello de Coristanco para o alumnado de Coristanco con respecto a unhas axudas ás que podedes acceder tras ler as bases reguladoras, se as condicións das mesmas volo permiten. Estas axudas NON SON INCOMPATIBLES coas axudas de libros de texto e material da Consellería de Educación que xa temos tramitadas e concedidas segundo as rendas correspondentes.

Xuntamos as Bases Reguladoras das axudas para a escolarización de menores para o curso 2020-2021 no BOP nº 134 do día 20/08/2020 e as solicitudes.

Poderán ser beneficiarios/as todos/as os/as escolares que durante o ano 2020-2021, cursen estudos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria nos Centros de Ensino Público no termo municipal de Coristanco, que formen parte de unidades familiares que se atopen incluídos en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais municipais ou que non estando inicialmente incluídos nestes programas os ingresos das súas unidades familiares non superen as cantidades que se recollen na táboa da base terceira das presentes bases.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días a contar a partir do seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP.

Do mesmo xeito, nos Servizos Sociais do Concello de Coristanco  póñense  a vosa disposición para solventar todas aquelas dúbidas ou requerimentos que vos poidan xurdir. 

Podedes contactar nos seguintes teléfonos: 

Edificio de Servizos Múltiples: 981733280

Concello de Coristanco: 981733031

BASES REGULADORAS.

SOLICITUDE.



page | by Dr. Radut