Na tarde deste sábado 21 de febreiro o noso centro estivo representado na fase final do I Concurso escolar de recitado de poemas "Rosalía sempre viva", organizado desde a Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei, por Ana Rodríguez e Alejandro Fernández, de 3º A-ESO.
Ana acompañou o recitado do seu poema dos acordes de violín e Alejandro trouxo o seu aos ritmos musicais do rap.
O noso agradecemento ao alumnado por asumir este reto que implicaba moito esforzo e superación e ás familias, polo seu apoio e implicación para compartir esta actividade escolar connosco.
Tamén na nosa GALERÍA.