Skip to Content

INTERCAMBIO CO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO DA CORUÑA. CURSO 13-14

Este xoves 10 de abril unha representación de alumnado e profesorado do centro participará, por segundo ano consecutivo, no intercambio lingüístico-cultural co IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña.

O alumnado participante no club de lectura xunto ao colaborador do Equipo de dinamización da lingua galega e mais aquel gañador dalgún dos diferentes concursos convocados ao longo do curso no centro participarán na reedición desta actividade. Elas e eles serán anfitrións da recepción no noso centro e guías dunha visita pola comarca que nos levará ao Dolmen de Dombate e mais ás vilas de Ponteceso e Laxe. O xantar comunitario será, se a climatoloxía non o impide, no espazo natural de Verdes, onde prolongaremos a convivencia até as 17:30.

Despois do intercambio de comunicación postal e electrónica celebrado desde xaneiro, así como de encontro nas redes sociais nunha conta de facebook (Ramón Otero Pedrayo) e outra de twitter (@Linguamoza), creadas para a ocasión, e xestionada polo profesorado participante, chega a hora do encontro presencial.

Acompañarán as profesoras María Xosé Rodríguez, Mercedes Queixas e a orientadora Mabel Ulla.

Seguiremos informando..



page | by Dr. Radut