APP Centros NetIniciar sesión |
PRESENTACIÓNS DO CURSO 2020 2021As presentacións do curso realizaranse por vídeo conferencia a través da plataforma CiscoWebex Meetings os días 24 e 25 de setembro (datas e horas no anexo).
Para o primeiro curso de grao elemental realizaremos unha reunión presencial cun membro da familia e o/a titor/a do curso correspondente. Recibiredes información detallada dos titores proximamente tanto para as presentacións por vídeo conferencia como para a presentación presencial de primeiro curso de Grao elemental. Nestas presentacións os titores explicarán tódalas cuestións a ter en conta para este novo curso.
As clases no Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, que temos organizadas integramente de xeito presencial, están previstas (sempre que non se produzan cambios alleos á nosa vontade) a partir das seguintes datas:
-Luns 28 de setembro: Grao elemental
-Martes 29 de setembro : 1º, 2º e 3º de Grao profesional
-Mércores 30 de setembro: 4º, 5º e 6º de Grao profesional
Os horarios dos distintos grupos serán publicados proximamente.
O equipo directivo estamos a vosa enteira disposición a través do correo electrónico do centro e por teléfono.
|