Aviso clases de MÚSICA na aula virtual e encontros por video conferencia

Ola, nestes días estamos a poñer en funcionamento a aula virtual para as clases de música. Por esta cuestión elaboramos unha guía de acceso e rexistro, que tedes no anexo desta mensaxe. A medida que vaiamos rexistrando os diferentes cursos, iredes tendo acceso á AV.

Con esta medida pretendo que o alumnado teña acceso dentro dun mesmo sitio á información, avisos, materiais, actividades e recursos para a materia de música e facilitar, desta maneira, a comunicación cun alumnado cunha amalgama de casuísticas, recursos e posibilidades.

Na tarde de hoxe (venres, 3) faremos uns breves encontros virtuais cos distintos grupos, unha primeira toma de contacto para ir familiarizándonos tanto co Webex (programa de videoconferencia) como coa aula virtual.

1º GP (A e B): 17:00 h.

2º GP (A e B): 17:30 h.

1º Elemental: 18:00 h.

2º Elemental: 18:30 h.

3º Elemental: 19:00 h.

4º Elemental: 19:30 h.

3º GP (A e B): 20:00 h.

4º GP (A e B): 20:30 h.

Somos conscientes dos cambios que está a xerar esta situación de confinamento, tamén en relación co CDAN. Aproveitemos o positivo que nos trae esta circunstancia.

Un saúdo,

Emilio Mesías Farías

(Profesor de música e coordinador TIC'S do CDAN Lugo)

AdxuntoTamaño
guía para aula virtual alumnado.pdf961.82 KB