II Gala solidaria en Coruña

A II Gala solidaria de danza, celebrarase o próximo día 8 de febreiro de 2020, ás 20:00 h. no Centro Ágora da Coruña. A finalidade do evento é recadar fondos para continuar o noso labor de cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria a persoas refuxiadas  a través dos nosos proxectos de Grecia e Sahara.

Para este evento contamos coa colaboración voluntaria e gratuíta de 5  centros de formación (Conservatorio Profesional de danza de Lugo, Artestudio Xestión Cultural, Conservatorio Profesional de danza da Deputación da Coruña, Mundo danza Jesús Quiroga e Escola Municipal de Danza de Oleiros ) e unha  bailarina independente Raquel Piñeiro.

Tanto as instalacións como o persoal técnico son cedidos gratuitamente polo Concello de ACoruña.

As entradas que teñen un prezo de 6 € e poranse á venda en Evenbritte  uns días antes do evento  e tamén  poderán adquirirse o mesmo día 8 desde unha hora antes nos despachos de billetes do propio recinto da Ágora.