X Festival Unicef Lugo

Un ano máis, o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo colaborará con Unicef na participación do seu X Festival a prol de Unicef.

Na representación dancística participará o alumnado de grao elemental e profesional e terá lugar o Venres 13 de decembro ás 20.30 h. no auditorio Gustavo Freire de Lugo. O Festival de Danza de Unicef é unha cita consolidada na nosa cidade, logo de dez anos consecutivos,  converténdose nunha cita tradicional nestas datas de nadal.

As entradas -que xa están á venta- poderanse mercar en A taquilla a un prezo de 6 euros, habendo tamén a posibilidade de colaborar co festival mediante a fila 0, ao mesmo prezo.

Desde o CDAN de Lugo convidamos a toda a xente para que se achegue ao auditorio, a presenciar "O libro máxico".