"O corpo musical II" con Paula Quintas

O vindeiro 18 de novembro teremos unha nova masterclass sobre Laban, da man de Paula Quintas. A actividade desenvolverase entre as 19 e as 21 h.

Paula Quintas

Bailarina, alambrista circense e coreógrafa visual, desenvolve a súa carreira como intérprete e docente entre España e Inglaterra en varias compañías, destacando TrasPediante, ProJecto C-F Dance, Dizzy O'Dare ,Cia Jui- Wei Hung e Pistacatro.

Actualmente mantén unha liña de traballo pedagóxico en Danza Alfaia, Santiago de Compostela principalemente e noutros centros nacionais.Internacionalmente lugares como Portugal e Costa Rica, forma parte de proxectos institucionais.

Á súa vez xera un traballo de investigación noutras plataformas entre a danza, a performance e o circo, cursando actualmente un Máster en Artes Escénicas na Universidade Rei Juan Carlos, Madrid. Co-directora do festival Corpo(a) terra de Ourense, Festival pertencente á rede nacional de festivais de Danza en espazos non convercionales. www.paulaquintas.com