"Isadora , pés no mar &Johannes, ollos no ceo” pecha os actos da II Semana da Danza de Lugo

A tradicional Gala de Elemental, que o conservatorio celebra ao remate do curso adiántase para poñer en escea "Isadora, pés no mar & Johannes, ollos no ceo".

Un espectáculo de homenaxe a Isadora Duncan, bailarina e coreógrafa estadounidense que é considerada por moitos como a creadora da danza moderna, Duncan é a figura sobre a cal recaeu o protagonismo nesta II Semana da Danza de Lugo que hoxe remata.

Nesta nova produción do Conservatorio de Danza de Lugo, participará o alumnado dos catro curso de Grao Elemental nun espectáculo coregrafiado polo profesorado do mesmo CDAN.

A cita terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire, hoxe martes a partir das 20.30. A entrada é de balde con invitación e poderase retirar no mesmo auditorio momentos antes do espectáculo.