Benvida

Benvida

O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo é un centro público de ensino de grao elemental e profesional de danza dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional único na nosa comunidade autónoma.

O obxectivo prioritario do centro é o de proporcionar unha ensinanza artística da mellor calidade desenvolvendo todas aquelas actividades que poidan contribuír a acadalo.

Como directora do centro, douvos a benvida a esta páxina web onde poñemos a vosa disposición tanto información académica e administrativa como aquela relacionada coas actividades culturais e de promoción das ensinanzas levadas a cabo dentro e fora dos nosos espazos.

Raquel González García, directora.