Comeza a Semana da Danza de Lugo

Hoxe comeza a II Semana da Danza de Lugo coa actuación do Alumnado de Grao Elemental e Profesional no Centro Comercial As Termas.

O evento comezará ás 19.00 horas cunha actuación de Danza con Isadora Duncan como figura homenaxeada. A continuación poderemos ver a escenificación do conto “Isadora Duncan. A Bailarina do mar” polo grupo de teatro “Os Palimoquiños”.

Os actos da celebración da II Semana da Danza desenvolveránse dende o dia de hoxe até o 30 de Abril en diversas localizacións da Cidade, como as Termas, o Auditorio Municipal Gustavo Freire ou as Rúas do Centro.