MIRarte na rede

A curtametraxe realizada polo Profesorado e alumnado do CDAN, baixo a organización do Equipo de dinamización da lingua galega e coa colaboración do IES San Xillao está xa na rede a través da canle VIMEO.

MIRarte conta a historia de Lois, que é un adolescente que compaxina o último curso do bacharelato cos esixentes estudos de danza no conservatorio da súa cidade. Ao remate do curso deberá decidirse por continuar o grao superior nas artes escénicas como lle pide seu corazón, ou pola mediciña como lle aconsella parte da familia e do entorno académico. Dualidade entre razón e corazón, nunha fase vital do seu desarrollo persoal nunha sociedade onde o recoñecemento profesional escríbese nun papel a final de mes.

As localizacións da curta tiveron lugar en varios emplazamentos da cidade de Lugo; Conservatorio de Mùsica, IES San Xillao, Cafetería Minuetto e nos exteriores Facultade de Humanidades, río Rato, etc...

No traballo participou o alumnado de elemental e profesional do CDAN, así como alumnado de 1º de Bacharelato do San Xillao e profesorado de ámbolos dous centros.