VII Ciclo de Música Contemporánea de Lugo

O alumnado do CDAN colabora un ano máis no VII Ciclo de Música Contemporánea de Lugo.

“O obxectivo dos músicos da Xeración do 27 foi, partindoda tradición musical española, incluír a nosa música nasprincipais correntes vangardistas que se desenvolvían poraquela época en Europa. A pesar de todos os atrancos quedeberon superar e do traumático parón tras a guerra civilespañola, que condenou á maioría dos músicos da xeraciónao exilio, as bases creadas por este grupo terán continuidadena coñecida como Xeración do 51”. J.I. González Mozos.

No limiar do s. XX, a creación musical en España estabadominada pola corrente posromántica e nacionalista quelideraban Manuel de Falla, Enrique Granados, Isaac Albéniz eJoaquín Turina. Tras eles, unha nova xeración de composito-res abriuse paso transitando un camiño que os levou cara aospostulados estéticos neoclásicos e modernistas imperantesna Europa de entreguerras. Neste grupo sobresairán nomescoma os de Ernesto e Rodolfo Halffter, Federico Mompou,Roberto Gerhard ou o lucense Jesús Bal y Gay, sendo á vezpredecesores da xeración do 51 dos Cristóbal Halffter, Luis dePablo ou Carmelo Bernaola, creadores vinculados ás vangar-das creativas da segunda metade do s.XX. Paralelamente aisto, tiña lugar en Portugal un proceso similar con composito-res coma Luís de Freitas Branco ou José Viana da Mottapasándolle o testemuño a unha nova xeración con nomescoma Emmanuel Nunes, Luís Tinoco, João Pedro Oliveira,Jorge Peixinho ou Miguel Azguime.

“Quen se aferra a un sistema, faise epígono de quen oinventou. Crear é, ó meu modo de ver, transformar o sistema,como fixo Mozart no seu tempo” Enrique X. Macías.

Foi en Portugal onde o vigués Enrique X. Macías, posible-mente o compositor galego máis importante do último terzodo s. XX, encontrou máis sinerxías e apoios para desenvolvero seu labor creativo. Estas e outras circunstancias da súa vidaserán abordadas na conferencia-concerto “Enrique X.Macías: material – rizoma” a cargo de Paco Yáñez e VertixeSonora Ensemble.Ademais desta actividade, o VII Ciclo de Música Contem-poránea de Lugo “MIHLSons-XXI” contará cunha programa-ción de tres concertos, unha clase maxistral de percusión e oespectáculo de música e danza contemporánea “Olladas noTempo”.

Diego Ventoso Fernández. Dirección artística e coordinación do Ciclo.

(Ver programa no adxunto)

 

AdxuntoTamaño
image.png2.59 MB
image(1).png1.65 MB
image(2).png1.37 MB