Curso de Aikido no Cdan o xoves 7

p r á c i d o · d o m i n g o  é unha compañía emerxente que ten como obxectivo principal profundar na linguaxe do corpo a partir da investigación nas técnicas interpretativas de adestramento físico ligadas ao Aikido, a danza contemporánea e ao teatro físico. 

Basea a súa actividade en dúas liñas de traballo fundamentais: a artística, por medio da creación e distribución de espectáculos no ámbito da creación contemporánea, e pedagóxica, impartindo cursos destinados á formación de creadores e creadoras vinculados á danza, ao teatro e ás artes do movemento.

Coa súa primeira peza de danza "non hai que ser unha casa para ter pantasmas" reciben: 

1º premio Xuventude Crea 2017

Mención especial no Festival Cortindanza / Sardegna 2018 / 

Finalistas do Certamen Coreográfico de Madrid (CCM) 2018 

Premio da Crítica do CCM 2018 

Premio Beca para o BIDE polo CCM 2018

Premio Residencia Artística en Alanís de la Sierra CCM 2018

 

Data: Xoves, 7 de Marzo de 2019

Dirixido a: Alumnado de 3º a 6º de Danza Contemporánea.

5º e 6º GP de 17.00 a 18.30 h

3º e 4º GP de 18.30 a 20.00 h.

Imparte: Belén Bouzas.