Concerto didáctico con ODAIKO no CDAN o xoves 21

 O vindeiro xoves 21 de Decembro terá lugar no Conservatorio Profesional de Lugo unha Actividade didáctica co grupo de percusión ODAIKO dirixida a TODO GRADO ELEMENTAL do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo. 

A actividade (organiza só para o alumnado do centro) consiste nunha clase práctica de unha hora de duración co grupo ODAIKO acompañada dun concerto didáctico aberto ao alumnado do grado elemental na Aula Polivalente do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.  

A Actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.