O CDAN danza o cine en Ourense

O CDAN representará "Unha gala de cine" no Auditorio da cidade das burgas. A cita será mañá venres ás 20.00 h.

O espectáculo está protagonizado polo alumnado de grao profesional do Conservatorio de Danza de Lugo, que poñerán en escea un total de 15 coreografías nas que fan un percorrido pola historia do Cine a través de películas que se convertiron nun "clásico", co paso dos anos.

A directora Isabel Méndez xunto coa vicedirectora,Raquel González, presentes na rolda de prensa mostraron o agradecemento á colaboración do Concello e animaron ao público en xeral, “pero en especial ás escolas de danza da cidade”, a asistir ao espectáculo, que é de carácter gratuíto até completar aforo.