III CONCURSO DE RELATOS DO CDAN DE LUGO

III CONCURSO DE RELATOS DO CDAN DE LUGO

O equipo de dinamización da lingua galega xunto coa dinamización da biblioteca organizan o III concurso de relatos de danza do Cdan de Lugo.

BASES DO CONCURSO

IDIOMA: galego TEMA: danza

CATEGORÍAS

1ª CATEGORÍA: 2º, 3º E 4º DE PRIMARIA

2ª CATEGORÍA: 5º E 6º DE PRIMARIA E 1º DA ESO

3ª CATEGORÍA: A PARTIR DE 2º DA ESO

 

DATAS

Entrega de relatos ata o 15 DE XANEIRO (EN CONSERXERÍA)

TRIBUNAL

Estará formado por tres profesores do conservatorio. O fallo do tribunal darase a coñecer durante a celebración do concurso coreográfico. 

ENTREGA DOS RELATOS

Presentaranse tres exemplares grampados nos que figure a categoría na que concursa e un pseudónimo (sen asinar, sen nome e sen ningún dato que identifique ao autor).

Axuntarase un sobre no que figure no seu exterior o pseudónimo e a categoría á que se presenta e no seu interior os datos persoais do alumno (nome, apelidos e curso).

Os orixinais deberán presentarse mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara, en tamaño din a- 4 (21 0x297 mm) e deberán empregar o tipo de letra arial, cun tamaño de 10 puntos E NON EXCEDER AS 800 PALABRAS.

TODO O MATERIAL PRESENTARASE DENTRO DUN SOBRE TAMAÑO DIN A-4 OU NO INTERIOR DUNHA FUNDA PLÁSTICA.

-Os relatos gañadores serán publicados na páxina web do conservatorio.

-Os participantes lerán os seus relatos na biblioteca do Cdan unha vez rematado o concurso. Día a determinar.