Gala de Clausura de Grao Elemental

-A Gala de Clausura de Grao Elemental terá lugar o xoves 22 de Maio ás 20.30 h no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

O alumnado mostrará o seu traballo diario no CDAN, será unha hora de espectáculo onde se irán alternando os distintos números das diferentes clases xunto con audiovisuais. As sensacións, desexos, pensamentos, emocións, etc... serán o fío condutor dun espectáculo onde o protagonismo recae no dia a dia, nas distintas aulas.

O CDAN vai mobilizar o alumnado dos catro cursos de grao elemental, asi como o profesorado.

"O conservatorio e a danza" con coreografía de Romina Guerra, será quen abra o espectáculo, bailando o alumnado de 1º A e B, acto seguido o alumnado de 2º A e B poñerá en escea a "coreo"  "O escenario, sensacións" de Lucía Pérez con música de Haydn. Entre os diferentes números proxectaránse pequenos audiovisuais onde o alumnado comentará sobre o dia a dia do conservatorio.

"A clase de ballet" con música de Joe Hisaishi e coreografía de Beatríz Gamborino será representada polo alumnado de 3º A e B na parte de "A barra" e cós alumnos de 4º A e B na parte de "o Centro", con igual autor musical e con coreografía de Nuria Matos.

"Desta volta a Gala ten unha doble vertente -segundo apuntan dende o CDAN- xa que á propia representación, tan tradicional xa no remate de curso e que conta cun público entregado e fiel, súmase o detalle de trasladar a idea dos estudos, as clases e o traballo diario que se desenvolve no grao elemental, esto sumado á proxeción de pequenos audiovisuais fará pasar un rato agradable á platea".

A parte final está composta por "Outras Clases". Na "Clase de Música" o alumnado de primeiro cantará un tema que xa é un clásico no repertorio "cedanistico", para continuar coa "Clase de Carácter" con coreografía de Amparo Novas e a "clase de Danza Contemporánea" onde o alumnado de Técnicas -de 4º Elemental- bailará a coreografía de Reyes González.

O broche final da noite correrá a cargo do alumnado de 3º A e B, que mostrarán a "Clase de Danza Galega" con coreografía de Cristina Lata.

A entrada é de balde con invitación, todo un luxo para un final de curso e para unha cidade que ve como a danza afiánzase no espazo que merece.