Blogues

Jesús Bal y Gay dende a perspectiva do presente
 
O Departamento de Música do CDAN Lugo, organiza unha charla arredor da figura do músico lucense Jesús Bal y Gay.
 
A charla que estará guiada pola Musicóloga Rosa Mª Fernández García, pretende achegarse á complexa figura de Jesús Bal y Gay como musicógrafo, musicólogo e compositor tanto na súa Galicia natal como no exilio mexicano, facendo especial fincapé nos aspectos medulares e únicos do seu pensamento, dende a perspectiva do seu aporte á estética musical no século XXI.
 
Esta é a segunda actividade organizada polo departamento de música logo da adicada á figura de Gustavo Freire relatada polo Doutor Xulio Pardo de Neyra, có que se pretende achegar a historia dos principais músicos lucenses, moitas das veces non recoñecidos na súa xusta medida pola importante aportación á cultura musical lucense e mundial
 
A actividade levarase a cabo no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado (Avda. de Ramón Ferreiro, s/n. Lugo) o venres dia 7 de Marzo ás 19.30 con entrada libre e de balde.
 
A poñente Rosa María Fernández García é doutora cum laude en musicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona, Máster de Dereito da Unión Europea pola Universidade da Coruña e licenciada con grao en Historia pola Universidade de Oviedo.

En 2006 é nomeada Académica da Reial Acadèmia Catalá de Belles Arts de Sant Jordi polas súas investigacións sobre historia e análise musical.

No ámbito da investigación musical, cabe apuntar que é investigadora do I+D+I de Fontes e Análises da música hispánica, con sede na Biblioteca de Catalunya; foi profesora de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela, escribiu cinco libros de Historia e análise da música, pronunciado máis de 30 conferencias en Universidades Españolas e comisariou varias exposicións en museos e auditorios internacionais.

Nos últimos anos foi bolseira polo Consello de Europa para desenvolver traballos de investigación en Malta, Austria e Alemaña.

Asimesmo, desenvolveu unha estancia na Comisión Europea no ano 2010.

Dirixiu congresos científicos sobre musicología e análises musical e desde hai anos asesorou e comisariado proxectos musicais en distintos organismos como o Auditorio Nacional de España, a Delegación da Generalitat en Madrid, Casa Sefarad-Ministerio de Asuntos Exteriores, Embaixada de España en Andorra, a Orquestra Nacional de España ou o Centro Galego de Arte Contemporánea entre outros.

O equipo de dinamización da lingua galega xunto coa dinamización da biblioteca organizan o I concurso de relatos de danza do Cdan de Lugo.

BASES DO CONCURSO

IDIOMA: galego

TEMA: Rudolf Nureyev e Margot Fonteyn

CATEGORÍAS

1ª CATEGORÍA: 2º, 3º E 4º DE PRIMARIA

2ª CATEGORÍA: 5º E 6º DE PRIMARIA E 1º DA ESO

3ª CATEGORÍA: A PARTIR DE 2º DA ESO

DATAS
Entrega de relatos ata o 14 DE MARZO (EN CONSERXERÍA)

ENTREGA DOS RELATOS
Presentaranse tres exemplares grampados nos que figure a categoría na que concursa e un pseudónimo (sen asinar, sen nome e sen ningún dato que identifique ao autor).

Axuntarase un sobre no que figure no seu exterior o pseudónimo e a categoría á que se presenta e no seu interior os datos persoais do alumno (nome, apelidos e curso).

Os orixinais deberán presentarse mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara, en tamaño din a- 4 (21 0x297 mm). e deberán empregar o tipo de letra arial, cun tamaño de 10
puntos. cunha extensión máxima de catro folios.

TODO O MATERIAL PRESENTARASE DENTRO DUN SOBRE TAMAÑO DIN A-4 OU NO INTERIOR DUNHA FUNDA PLÁSTICA.

-Os relatos gañadores serán publicados na páxina web do conservatorio.
-Os participantes lerán os seus relatos na biblioteca do Cdan unha vez rematado o concurso.
día a determinar.

TRIBUNAL

Estará formado por tres profesores do conservatorio. o fallo do tribunal darase a coñecer durante a celebración do concurso coreográfico que terá lugar no mes de abril.

O alumnado que consignou o pago da Matrícula (curso 2013-14)

en dous pagamentos, ten até o 31 de Xaneiro 2014, para facer

o abono pendente.

Para iso deberán cubrir o Modelo de Taxas que se lles facilitará

na Secretaría do centro no seu horario habitual.

Asimesmo, os solicitantes de bolsa non teñen que aboar este

2º prazo, pero deben presentar copia da solicitude de bolsa.

Distribuir contido