blogue deadmin

Entre o 29 de Setembro e o 7 de Outubro, alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, participaron -acompañados pola profesora de Danza Galega do CDAN, Cristina Lata Villoch- no intercambio cultural “ This is The Way We Dance &Live” xunto con grupos de mozos de Estonia, Letonia, Polonia, Romanía e Turquía.

Este proxecto encádrase dentro do programa Xuventude en Acción ("Youth in Action") e da Acción1.1.-Intercambios Xuvenís (“Action 1.1.-Youth Exchanges”). O programa foi creado pola Unión Europea co obxectivo de infundir o sentido de cidadanía europea activa, solidariedade e tolerancia entre a xuventude europea, así como implicalos á hora de modelar o futuro da Unión. A Acción 1.1.-Intercambios Xuvenís ofrece a grupos de mozos de diferentes países a posibilidade de encontrarse e coñecer mellor as súas culturas respectivas.

 “This is The Way We Dance &Live” foi aprobado pola Axencia Nacional Turca (The Centre for EU Education and Youth Programmes - http://www.ua.gov.tr/en/home) e a Comisión Europea

O proxecto foi coordinado pola profesora Kupse Uzun da escola  de educación secundaria Arnavutkoy IBB Evliya Celebi en Istambul.

O Xoves 19 de Decembro ás 20.30h no Auditorio do CMUS Lugo, teremos ocasión de presenciar unha mostra-exposición desta inolvidable experiencia, realizada polo alumnado e a profesora que participaron en dito Proxecto. Entrada libre e de balde.

Dirixido a 5º e 6º de Grao Profesional de ambas especialidades. Venres 29 de Abril 2013 na Aula 8 do CDAN Lugo.

A maquillaxe é a práctica de decorar  a pel  e outras partes visibles do corpo  para transmitir  estados anímicos ou un papel social. É unha expresión da linguaxe corporal, non verbal. O seu uso remóntase á prehistoria cando se aplicaban arxila na cara e tamén o usaban para diversos rituais. Esta linguaxe corporal non é só propiedade da muller, o home tamén o utilizou e utiliza Estes antecedentes indícanos que a maquillaxe desde a súa orixe foi instrumento de comunicación segundo o papel que o home/a muller xoga na súa contorna social; influíndo este en o seu ámbito político, económico e psicolóxico.

A encargada de dirixir o Obradoiro é Lilianne Frías Portas.

Formación profesional de maquillaxe artística e caracterización 2000- 2013
-"Estudo R". Maquillaxe profesional impartido por Rosa  Sánchez (A Coruña.)
-"Stick Art Studio", impartido por Corinne Pérez (Barcelona.)
-"Escola Taller"  con Julio Quijano, maquillador  e pintor. (Barcelona)

EXPERIENCIA PROFESIONAL:
-BTB (Televisión Barcelona)
-Centro de Imaxe CEV, MK-3 (Barcelona)
-Escola de Artes e Técnicas da moda (Barcelona)
-Varios anuncio publicitarios Produtoras Galegas  ADIVIÑA PRODUCIÓNS, A REGION, LUA FILMS (Galicia)
-Compañía de Danza  Nova Galega de Danza 
-Festivais de Danza e Teatro

O IV Festival UNICEF 2013, terá lugar no Círculo das Artes (Lugo) ás 20.00 h. Nela poderase gozar das coreografías dos cursos

de Graos Profesional, nas especialidades de Clásica e Contemporánea, do alumnado do CDAN Lugo.

YUMIKO YOSHIOKA DANZA BUTOH

Título: “Bailar e ser bailado! Nós gozamos o caos, a Nai da Creatividade”
Yumiko ensinou en incontables Workshops arredor do mundo, incluíndo Workshops-performances.
En Berlín (Alemaña), Francia, UK, Italia, Austria, Grecia, Portugal,Belarús, Rusia, Israel, Holanda, Canadá, USA, México, Perú, Brasil, Thailandia, Malaysia, India e Xapón, recibindo aclamadas críticas.
Ela axuda ao corpo a abrir portas secretas extraendo a esencia dos participantes do Workshop, sosténdoo a través da súa luz e a súa escuridade.
Na súa base de Butoh, ximnasia Noguchi e Juken (Arte Marcial China suave), ela encontra a inspiración e a fluidez da enerxía.

*MARTES 19 DE NOVEMBRO: 18.30-20.00- 4º/5º E 6º GPB- AULA  6
*XOVES 21 DE NOVEMBRO: 17.00-18.30- 4º/5º E 6º GPA- AULA  6

BEATRIZ CRUZ DANZA CONTEMPORÁNEA
Título: "O corpo baleiro"
Beatriz Cruz, codirectora de Pájaro de Nube, compañía de danza e música experimental nacida en México. Nas súas obras podemos ver a integración de elementos da danza butoh, improvisación e ritmos flamencos, a nivel musical utilízanse formas de composición tradicional e experimentación electrónica executada en vivo.

O obxectivo é achegar o alumno ao traballo da compañía nunha clase que mostre de xeito
xeral o tipo de adestramento, preparación e algunhas técnicas de creación coreográfica e
movemento libre co obxectivo de espertar a creatividade do alumno, romper con patróns
técnicos establecidos e motivalos á busca dunha voz propia.

*XOVES 21 DE NOVEMBRO:  19.00-20.30- 4º/5º E 6º GPB- AULA 6
*MÉRCORES 20 DE NOVEMBRO: 19-20.30- 1º, 2º e 3ºGPB –AULA 6
*MÉRCORES 20 DE NOVEMBRO: 17.00-18.30- 2º,3º,4º,5º e 6º GPA- AULA 6

ACTUACIÓN NA CASA DO SABER DE LUGO, CONCERTO OUVRIR O ESPAZO.

Martes 26 novembro ás 20:00h na Casa do Saber de Lugo.

Alumnos da especialidade danza contemporánea do Conservatorio colaborarán no ciclo Do Audible, concertos que trazan puntos de encontro entre a música, a ciencia, a arte e o pensamento contemporáneos organizados por Vertixe Sonora Ensemble. 

Distribuir contido