blogue deadmin

Os vindeiros 22 e 23 de marzo, ás 20,30h, terán lugar as mostras de repertorio de danza clásica e contemporánea no Auditorio Municipal Gustavo Freire, nas que participará o alumnado de terceiro a sexto de ámbalas dúas especialidades. 
 
As entradas son de balde e estarán dispoñibles a partir do 18 de marzo na páxina https://entradaslugo.es/
 
A mostra de repertorio de danza clásica será o 22 de marzo e nela se interpretarán fragmentos de ballets, como "Giselle", "Paquita" ou "Bayadere", entre outros. A mostra de contemporáneo celebrarase o 23 de marzo e no programa poderá verse o traballo de aula do alumnado, improvisacións e algunhas pezas de repertorio, como "appartement" ou "50 looks"
 

Publicada a información relativa ás Probas de acceso para o CDAN Lugo, curso 2022/23.

Toda a información relativa ás datas, matrícula, probas, etc. no apartado de Probas de Acceso do menú "O cento" (na marxe esquerda desta web).

Coma tódolos anos, antes de escomezar o curso, realizanse as presentacións dos mesmos:

  • Xoves: 16 de setembro ás 16 horas a presentación presencial de 1º de Grao Elemental
  • O Xoves 16 de setembro ás 18:00 horas a presentación do resto dos grupos de elemental
  • O venres 17 de xuño ás 18:00 horas a presentación de grao profesional.

As clases comezarán o luns 20 de Setembro, agás Preparatorio que será anunciado con posterioridade.

As presentacións de tódolos cursos, agás 1º de Elemental, serán a través do Webex e na sala das respectivas Titoras.

NOTA: Antes da presentación de elemental e profesional a Directora fará unha pequena intervención, co que o alumnado deberá primerio conectarse á sala: https://eduxunta.webex.com/meet/concepcionseijas

 

Cambio de grupos, IMPORTANTE:

O Alumnado que desexe cambiarse de grupo deberá notificalo antes do venres 17. Unha vez feitas as comprobacións e posibilidades, a dirección do centro confirmará ditas peticións.

Debido ás medidas actuais, unha vez comezado o curso, non se poderá posibilitar cambio de grupos para o alumnado.

Distribuir contido