blogue deadmin

O xoves 10 de Marzo terá lugar unha xornada informativa sobre os estudos superiores de danza.

Desta volta será o profesorado do Conservatorio Sup. de Danza de Valencia quen nos ilustre sobre ditos estudos.

A xornada complétase cun obradoiro de Danza contemporánea impartido pola profesora Verónica García Moscardó e unha charla sobre "Danza contemporánea en España: orixe, desenrolo histórico e personalidades máis relevantes", a conta da -tamén profora e xefa de estudos do CSDV- Mª José Alemany Lázaro. Estas dúas actividades están dirixidas ao alumnado de GP do Cdan.

A charla sobre os Estudos Superiores, desenvolverase na Escola de Idiomas ás 20.30 h, nela tomarán parte Francisco (Paco) Salmerón Álvarez -director do CSDV, profesor de danza española e bailarín- e Jesús Serrano Martí -secretario do CSDV, pianísta acompañante e compositor-

 

O 24 de Febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro, a nosa poeta máis universal.

Con motivo desta celebración, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CDAN Lugo programou unha actividade para dar a coñecer a obra rosaliana e participar no convite que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (http://www.aelg.gal/) dirixíu aos centros educativos.

No 2014 publícase un traballo de Henrique Monteagudo e María Xesús Lama que leva por título "Manuscritos Inéditos Poéticos de Rosalía de Castro" entre eles unha composición da poetisa que leva por título "Dínche o corazón na man" á cal musicou o profesor de música do CDAN de Lugo, Emilio Mesías Farías.

Como homenaxe á figura de Rosalía de Castro, o alumnado de 2º, 3º, 4º de Grao Elemental e o de 1º de Grao Profesional do conservatorio de danza de lugo, grabaron dita canción para ser partillada en tal sinalado día.

Feliz día de Rosalía a tod@s. #mobilizaROSALIA

"Dinche o corazón na man" #mobilizaROSALÍA from Cdan Lugo on Vimeo.

Coa ocasión do Día Internacional da Paz do vindeiro venres, o Cdan de Lugo está a celebrar unha serie de actividades durante esta semana.

O alumnado pendurou no taboleiro unhas mensaxes -nunha follas simuladas- que dan vida e cor á árbore como elemento de sustento. Unhas mensaxe que desexamos sexan de folla perenne e non caduca.

As actividades cumplimentaranse o xoves e o venres, onde o alumnado bailará e cantará ao amor e á paz. A mocidade dos bailaríns que representa o futuro e a esperanza, xunto coas creacións artísticas saídas dos seus corazóns son a mellor maneira de sintetizar o noso desexo para o mundo. Feliz día da Paz. 

  • No decurso dunha nova edición dos "Faladoiros" que organiza o CDAN Lugo, reproducíuse unha mensaxe gravada do Bailarín, Coreógrafo e Director, Nacho Duato. 

Os encargados de guiar o faladoiro arredor da figura do laureado artísta, Christelle Horna e Amaury Lebrun -exbailaríns da Cía Nacional de Danza, baixo a dirección de Duato durante algo máis de nove anos- afondaron na obra Coreográfica do autor valenciá, así como na traxectoria profesional do artista.

O Cdan organizou o faladoiro coincidindo coa homenaxe da Semana da Danza de Lugo 2016 a Nacho Duato. Como ven sendo tradicional, unha das aulas do centro lavará o nome do homenaxeado, cuestión que agradeceu o coreógrafo nunha emotiva mensaxe enviada aos poñentes para ser reproducida no encontro.

No remate, os poñentes dirixiron unha clase para traballar os pasos dunha coreografía de Nacho Duato, na cal participaron os bailaríns e bailarinas de Grao Profesional do Cdan Lugo.

A figura homenaxeada este ano na V Semana da danza de Lugo será Nacho Duato. Con este motivo o CDAN organiza un encontro con Christelle Horna, exbailarina solista da Compañía Nacional de Danza baixo a dirección de Nacho Duato durante 8 anos, tempo no que afondou no repertorio do coreógrafo español. A actividade comezará cun faladoiro dirixido a todo o alumnado do conservatorio e ao público en xeral  e finalizará cun obradoiro de repertorio de Nacho Duato dirixido ao alumnado de 5º e 6º de grao profesional.
 
Unha magnífica oportunidade para acercarse ó traballo do prestixioso coreógrafo español da man dunha das súas intérpretes máis destacadas.
 
A cita dará comezo co faladoiro que terá lugar  ó xoves 14 de xaneiro ás 18h no Auditorio do CMUS Lugo. Estades todos convidados!!!
Distribuir contido