blogue deadmin

Alumnado dos curso 1º Profesional, 3º Elemental da asignatura de Danza Galega así como o alumnado do Obradoiro de Galega do centro, participaron no día de onte na 34ª Feira do Libro de Lugo que se celebrou na Praza do Concello.

A carón dos stands das librarías, os distintos grupos interpretaron unhas danzas, preparadas polas profesora Cristina Lata. Ao remate das actuacións dancísticas todos os grupos interpretaron en conxunto unha canción sobre unha poesía de Rosalía de Castro.

Convocatoria Premio Fin de Grao Curso 2015/16

(Según ORDE do 10 de marzo de 2009 pola que se regula o procedemento para a obtención de matrícula de honra e premio de fin de grao nas ensinanzas profesionais de música e danza)

DANZA CLÁSICA

DANZA CONTEMPORÁNEA

LUNS 30 DE MAIO

19.00H AULA 6

LUNS 30 DE MAIO

21.00H AULA 6

TRIBUNAL:

O tribunal da proba será designado pola dirección do centro.

TRIBUNAL:

O tribunal da proba será designado pola dirección do centro.

CONTIDOS DA PROBA:

1.     Interpretación de dous variacións de repertorio clásico a elexir entre tres propostas polo alumno/a, unha por elección do tribunal e outra elexida libremente polo alumno/a.  As variacións propostas deberán ser de dificultade de nivel de sexto curso e alomenos de dous estilos diferentes. Todas elas realizadas en puntas para as chicas. A música a traerá o aspirante.

Criterios de valoración:

- Calidade técnica e correcta execución.

- Coordinación e correcto uso do espazo.

- Musicalidade.

- Capacidade de interpretación e asimilación do estilo.

 

2.    Realizar unha improvisación ou exercicio de composición coreográfica con unha música elexida polo tribunal de duración non superior a tres minutos.  O Alumno/a disporá de 15 minutos tras escoitar a música para preparar esta proba.

 

Criterios de valoración:

- Aproveitamento do espazo.

- Adecuación da composición coreográfica ao estilo musical.

- Creatividade, orixinalidade e calidade interpretativa.

 

CONTIDOS DA PROBA

1.      O alumno deberá elexir e interpretar unha coreografía dentro destas liñas de traballo e coreógrafos propostos a continuación:

a)      Jiri Kylian, Mats Ek, Nacho Duato.

b)      Akram Khan, Sidi Larbi Cherkaoui, Ohad Naharin.

c)      Anne Teresa de Keersmaeker, Angels Margarit.

 

2.    O alumno interpretará unha coreografía dun estilo e liña coreográfica totalmente distinta á elixida e interpretada anteriormente.

Criterios de valoración das coreografías presentadas:

- Calidade técnica e correcta execución.

- Coordinación e correcto uso do espazo.

- Musicalidade.

- Capacidade de interpretación e asimilación do estilo.

 

3.      O alumno desenvolverá unha improvisación de carácter libre, a elixir entre tres pezas musicais presentadas polo tribunal.

Criterios de valoración da improvisación:

-Dominio do espazo, os ritmos e as dinámicas.

-Dominio do manexo enerxético nos movementos.

-Dominio das calidades de movemento.

-Coñecemento e recursos nos diferentes planos espaciais

-Sensibilidade artística e musicalidade.

 

-DURACIÓN DAS PEZAS COREOGRÁFICAS: Entre tres e cinco minutos.

-DURACIÓN DA IMPROVISACIÓN: Entre tres e cinco minutos.

  • Coreografía do Obradoiro de Danza Galega de novembro 2022, para o concurso "Coreografíate" organizado pola AS-PG.
  • Coreografía do Obradoiro de Danza Galega no curso 2018-19, con música de Xosé Lois Romero & Aliboria.

 

  • Curtametraxe realizada polo equipo de Dinamización da lingua galega. O traballo foi seleccionado como finalista no concurso de Curtametraxes do Olloboi 2019.

 

  • Coreografía do Pasodoble de Beo con música de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Lugo, 27 de Abril de 2018

Ver documento no adxunto

Luns 25: "Mostra de Repertorio de Danza Clásica" Alumnado de D. Clásica do CDAN 

Gustavo Freire 20.00 h

Martes 26: "Don Quixote" a cargo do Ballet Norte

Gustavo Freire 20.00 h

Mércores 27: "The mathematics resonant bodies" Música e Danza Contemporánea

 

Gustavo Freire 20.00 h

Xoves 28: "Concurso Coreográfico "Nacho Duato"

Gustavo Freire 20.00 h

Venres 29: "Encontro de Centros de Danza de Galicia"

Gustavo Freire 20.00 h

Distribuir contido