Blogues

Os días 11 e 25 de novembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Grao profesional da especialidade Danza Contemporánea terá a oportunidade de asistir ao obradoiro “O CORPO MUSICAL: INICIACIÓN Á  TÉCNICA LABAN” dirixido por Paula Quintas.

http://www.paulaquintas.com

Esta actividade, organizada polo Departamento de Danza contemporánea forma parte do Programa anual de actividades culturais e de promoción das ensinanzas dentro da Programación xeral anual do conservatorio.

Os Conservatorios Profesionais de Música e Danza de Galicia aspiran a aumentar a satisfacción do alumnado, familias e persoal docente e non docente mediante a aplicación do Sistema de Xestión da Calidade (SXC). Con data do 15 de xullo do 2016 foinos concedida a certificación da Rede de Conservatorios Profesionais de Música e Danza de Galicia na norma ISO 9001:2015. Esta certificación implica que os centros que a teñen realizan a súa xestión baseada na mellora continua, no control da eficiencia e da eficacia dos procesos e na satisfacción de todos os membros da comunidade educativa, mellorando a imaxe do centro e o servizo prestado.O desenvolvemento do sistema ten o apoio financeiro da Unión Europea e do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

O Claustro de Profesorado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, saúda a todos os membros da Comunidade Educativa ao comezo deste novo curso escolar 2016-17.
 
Iniciamos unha nova andaina xuntos con enerxías e ilusións renovadas, onde as sesións de traballo e esforzo veránse recompensadas cun calendario de actividades e actuacións onde dar renda solta á inspiración, á arte e á maxia da Danza.
 
Esperamos compartir xornadas cheas de emoción, aprendendo xuntos e crecendo día a día coa Danza e a Música, dirixindo o noso devir diario.
 
Benvida a todos e todas!
 
Isabel Méndez González
Directora do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
Distribuir contido