Blogues

O Ciclo de Música Contemporánea MIHL Sons-XXI celebra cinco anos enxalzando a creación musical europeaEsta semana vén de presentarse en Rolda de Prensa o V Ciclo de Música Contemporánea de Lugo onde participará o Grupo de Danza Contemporánea -xunto có grupo de Percusión do CMUS Xan Montes- e que se desenvolverá entre os meses de Abril e Maio.

A representación -programada para o venres 21 de Abril ás 20.30 no MIHL- leva por título "Six Japanese Garden" e está coregrafiada polas profesoras Silvia V. Eijo, Mª da Alba Felpete, Ana Belén Ferreiro, Reyes González, Julia Penado e Xiana Vilas, e contará coa presenza de Yano Yoro que fará unha intervención de pintura ao vivo.

A música do espectáculo serán obras de J.L.Adams, Antunes Pena, P. Beltrán, C. Hatzis e K. Saariaho.

Máis info sobre a programación do Ciclo, no adxunto.

Resultado de imagen de labanCoincidindo coa celebración da Semana da Danza da edición 2017, o Conservatorio de Danza convoca o Concurso Coreográfico adicado desta vez a RUDOLF VON LABAN (1879-1958) para o alumnado do Conservaotorio de Danza de Lugo.

 RUDOLF VON LABAN (1879-1958) Estableceu un conxunto de principios e conceptos sobre o movemento coa finalidade de servir como guía de investigación e de reflexión. Desta forma, o individuo, a partir duns temas específicos, explora y familiarizase co movemento, chegando a descubrir a sua propia técnica e elaborar a sua propia linguaxe corporal.

Aspectos do movemento a partir dos que traballa:

TEMPO: rapidez- lentitude e os cambios entre elas (aceleración e desaceleración).

PESO: forte- lixeiro. Os factores tempo e peso dan a cualidade dinámica ao movemento.

ESPAZO: o relaciona tanto co modo no que nos movemos como coa dirección na que o facemos.

FLUXO: factor que penetra en todo o movemento e lle da a sensación de ser detido ou suxeitado.

A Labanotacion

Tamén creou un sistema para lembrar e anotar os movementos, desprazamentos, e motivos por medio de símbolos. 

Técnica do Icosaedro

É o método que empregou para entender os puntos de proxección Do corpo, permitindo unha maior precisión no movemento, a partir

Das posibilidades direccionais que lle daba esta figura xeométrica. 

Fonte: http://www.biografiasyvidas.com/biografia/l/laban.htm

http://rudolfvonlaban-ispasalta.blogspot.com.es/

Foi un coreógrafo e investigador do movemento, considerado un dos teóricos máis influintes na danza moderna.

A danza expresiva, libre, creativa Buscaba novas formas de expresión a través da relación entre espazo, movemento e ritmo e da actuación do intérprete, na que éste debíase concentrar ao máximo porque «todo movemento exterior é consecuencia doutro interior». Para iso chegaba incluso a prescindir do acompañamento musical. 

BASES CONCURSO COREOGRÁFICO 2017

1. OBXETO DO CONCURSO

O conservatorio Profesional de Danza de Lugo convoca, como ven sendo habitual na Semana da Danza, o Concurso Coreográfico, co fin de desenvolver a creatividade dancística e coreográfica do noso alumnado. Este ano ,o personaxe homenaxeado será o coreógrafo e teórico da danza RUDOLF VON LABAN.

2. DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN

VENRES 28 DE ABRIL no AUDITORIO GUSTAVO FREIRE DE LUGO.

As horas de ensaio e actuación se comunicarán unha vez remate o prazo de inscrición.

3. PARTICIPANTES

-Poderán participar todos os alumnos do Conesrvatorio dentro das seguintes categorías:

I CATEGORÍA: 1º E 2º DE GRAO ELEMENTAL. O número de intérpretes participantes por peza será de 8 como máximo e 3 como mínimo.

II CATEGORÍA: 3º E 4º DE GRAO ELEMENTAL. O número de intérpretes participantes por peza será de 8 como máximo e 3 como mínimo.

III CATEGORÍA: GRAO PROFESIONAL. O número de intérpretes participantes por peza será de 8 como máximo e 2 como mínimo.

-Non se admitirán pezas con un so intérprete.

4. INSCRICIÓN

Prazo de inscrición e entrega de músicas na conserxería do centro: ate o 14 de abril 2017 inclusive

*non se admitirá ningunha inscrición nin entrega de música fora de prazo. 

Para inscribirse cada grupo deberá axuntar unha ficha da peza, na que se inclúa: o nome do grupo, o título da proposta coreográfica, o curso e a categoría á que pertencen, os nomes dos intérpretes, a duración, a música, o argumento e unha breve explicación de por qué elixiron facer esa peza. Deberá estar todo redactado en GALEGO, incluído o título.

* Non se admitirán fichas de coreografías que non teñan algunha vinculación co personaxe homenaxeado

5. COREOGRAFÍAS

- As coreografías presentadas non deberán exceder dos 3 min.

- Os alumnos e alumnas inscritos deberán ensaiar fóra do horario de clase. Na conserxería do centro poderán ver as aulas coas horas libres para ensaiar. Os ensaios comenzarán a partir do luns 23 de xaneiro.

 - As coreografías deberán ser creadas,preparadas e ensaiadas exclusivamente polos propios alumnos/as.

 - Poderán ser eliminadas da convocatoria coreografías nas que no proceso de creación e ensaio inflúan terceiras persoas ,profesores ou bailaríns profesionais.

 - No está permitido o emprego de purpurina, confeti ou elementos que non deixen en perfecto estado o espazo escénico para a actuación seguinte.

 - PRÉSTAMO DE VESTIARIO: Os alumnos poderán solicitar vestiario ou atrezzo do centro. (ver información na ficha de inscrición).

 6. XURADO

 O xurado estará formado por 5 persoas, sendo profesorado e pianistas do centro así coma un representante do ANPA.

 7. PREMIOS

 - Dous premios por cada categoría:

1. Premio á mellor Interpretación.

2. Premio á mellor Coreografía.

No proceso de selección valorarase : a orixinalidade, creatividade, interpretación, técnica, uso do espazo, elección musical, musicalidade, grado de dificultade e posta en escena.

-Un Premio á coreografía máis votada polo público asistente.

O INCUMPRIMENTO DALGUNHA DAS BASES PODERÁ DESENCADENAR NA DESCALIFICACIÓN DOS CONCURSANTES.

 Organiza: DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS CDAN LUGO

Política de calidade. Conservatorios de Música e de Danza da Comunidade Autónoma de Galicia
 
Os Conservatorios de Música e de Danza da Comunidade Autónoma de Galicia definiron a calidade como parte fundamental da súa política e da súa estratexia, e adoptaron un
sistema de xestión de calidade baseado na Norma UNE-EN ISO 9001:2015 calidade como modelo de referencia para a xestión da Institución.
 
Estes centros adoptaron a calidade como unha filosofía de actuación que se identifica coas seguintes directrices:
 Busca de excelencia no traballo desenvolvido e nas actividades e servizos presatados .
 A achega de valor ao alumnado, ás familias, ao profesorado e ao persoal do centro, escoitando a súa voz e procurando satisfacer as súas expectativas.
 A adopción de metodoloxías de traballo baseadas na cultura da evidencia e a xestión a partir de datos e a disciplina do traballo en equipo.
 A xestión dos procesos orientada á mellora continua mediante a planificación de obxectivos , o desenvolvemento de actuacións para levalos a cabo e e a revisión dos
mesmos para establecer cambios e/ou melloras.
 Diseño de Obxectivos e Indicadores acordes ao Plan Estratéxico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional  mais os establecidos polos propios
Cconservatorios para a mellora en todos os proceso levados a cabo.
 
Estas directrices despréganse na Rede de conservatorios a través de :
 Medición e análise periódico da satisfacción de alumnado, familias , docentes e resto da comunidade implicada .
 Revisión do Sistema da Calidade e actualización periódica de procesos.
 Auditorías internas e externas do sistema da calidade.
 
As Direccións dos Conservatorios Profesionais de Música e de Danza facilitarán os medios e a formación necesarios para o desenvolvemento con éxito das actividades.
Esta Política de calidade servirá de marco de referencia para establecer e revisar o Plan estratéxico e os obxectivos de calidade.
Verificación: https://sede.xunta.gal/cve
 
A Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial revisará esta política polo mínimo unha vez ao ano, para verificar a súa adecuación á forma real de
traballo da Rede de Conservatorios Profesionais de Música e de Danza Galicia.
Co fin de que sexa coñecida por todo o persoal dos centros, a Política de Calidade estará accesible publicamente.
 

María Eugenia Pérez Fernández

Directora xeral de Formación Profesional,
Santiago de Compostela, 01 de setembro de 2024
  • A ex-alumna, Esther Latorre Fernández visita o CDAN para participar dun obradoiro-faladoiro

Graduada en danza contemporánea polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e en Maxisterio de educación física pola USC, Esther Latorre formou parte da Jove Companyia de Dansa Gerard Collins (Valencia) baixo a dirección de Mamen García durante dous anos, interpretando pezas de coreógrafos como Gustavo Ramirez, Amaury Lebrun, Carmela García. Logo trasladase a Portugal xunto á Companhia de dança do Norte (NORTH DANCE COMPANY) baixo a dirección de Pedro Pires para participar na produción 'BARULHOS NOSSOS'.

Xa no ano 2016 comeza a traballar coa compañia valenciana MADUIXA TEATRE, coa cal se atopa actualmente interpretando 'MULÏER' (Premi Moritz Millor Estrea de Carrer 2016). Foi galardoada co premio a mellor intérprete en danza contemporánea pola súa peza 'ALIQUAM', coa cal gaña diversos premios en certames coreográficos, entre os cales destaca a invitación ao Anton Bruckner Privat Universität für Musik, Tanz und Schauspiel en Linz, Austria.

Foi premiada tamén no Festival internacional de danza contemporánea SÓLODOS EN DANZA 2016 coa peza ´MAPA´ xunto ao bailarín Hugo Pereira.

OBRADOIRO DE CREACIÓN "TRABALLANDO DESDE O MAPA"

No obradoiro traballarase a partir de varias secuencias de acción, desde a creación de material propio e individual (baseado no método de creación e pensamento da súa última peza, "MAPA". Trátase de movemento a partir de liñas, puntos e segmentos que cobrarán sentido ao longo da súa interpretación, dando significado á historia individual dese deseño. A iso sumarémoslle frases coreográficas para a preparación do corpo, inclusive fragmentos de repertorio da peza. levará a cabo un traballo bastante físico.

"(...) intercepta a liña. Continúa, estás dentro." (SINOPSE DA PEZA) 

MULÏER - CIA.MADUIXA from Maduixa Teatre on Vimeo.

No día de onte celebrábase no CDAN o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. A temática escollida para esta ocasión xiraba arredor do título "Fronteiras: o que nos une e o que nos diferenza". Baixo esta idea realizáronse actividades de Aula, de debate, reflexión e concienciación, ademáis dunha mostra coreografíca e dun mural de debuxos.

Na previa á mostra, da cal participaron grupos dos graos elemental e profesional de ámbalas dúas especialidades, a directora suliñou a necesidade da celebración así como a importancia da "convivencia, para poder ser felices todos sin pisar a felicidade dos demáis".

A presentación correu a conta de dúas alumnas de grao elemental, que introduxeron cada unha das creacións cunha frescura e ilusión propia da súa idade, e na cal non faltaron os sorrisos e a felicidade de poder expresar un desexo tantas veces repetido e que se lles nega a moita xente no resto do mundo; "Vivir en Paz".

 

 

O diario "El Progreso" recollía desta maneira a xornada. (video de Sebas Senande publicado na versión dixital do xornal)

Distribuir contido