- O lucense convértese no primeiro peninsular en entrar no corpo de baile do Ballet Mariinski
Hai muros difíciles de derrubar e valados imposibles de saltar. Lugo, cidade que sabe de murallas que defenden territorio e que ao mesmo tempo pecha visibilidade, forneceu un home ao máis alto da danza mundial; o Ballet Mariinski, St. Petersburgo (Rusia).
Raúl Ferreira é o resultado de sí mesmo e tamén do feito colectivo. O seu traballo diario, adicación e perseverancia colocouno onde quería estar: cos grandes. Nada cae por casualidade no difícil mundo da arte no noso país e menos no campo da “minoritaria?” danza clásica. Un dato: a Consellería de Educación xestiona un único conservatorio profesional de danza, o CDAN Lugo, fronte a sete de música. O audiovisual e o teatro son sectores consolidados cunha industria asentada en maior ou menor medida. É por iso que o salto de Raúl trascende moito máis alá do feito persoal.
Por si fora pouco, o “noso veciño” entra na institución dancística clásica máis importante do mundo, logo de dous anos de formación na “Academia Vagánova de Ballet”, berce de grandes bailaríns e bailarinas onde cada ano compiten 3000 candidatos para 60 prazas. O Ballet Mariinski é unha compañía na que traballan máis de dúascentas persoas entre bailaríns, solistas, coreógrafos, maestros, equipo médico, equipo técnico, etc… (unha industria en sí mesmo) sin esquecernos do seu monumental teatro e a súa indiscutible orquestra. É a referencia mundial que aúna tradición e historia e na que están impregnados as Pávlovas, Semiónovas, Barýshnikovs, Nuréyevs e un logo etc.
Ademáis, é o primeiro bailarín de toda a península ibérica en formar parte do seu corpo de baile. Pensade nas cidades máis importantes da nación española ou da república portuguesa, pois ben, non atoparedes un caso Raúl. El é o caso.
Logo do lóxico “subidón” que causou a nova nos que o tratamos, vén o tempo da análise e aí é onde hai que agradecer a todo o persoal docente e non docente do CDAN Lugo –profesores e profesoras baixo cuxo maxisterio asentou “o Raúl” unha sólida base nos dez anos como alumno do centro. Coa súa directora -Isabel Méndez- á cabeza e que logo de 15 anos, cos erros e acertos propios da novidade na xestión dun centro único na rede de conservatorios da Xunta, pero con tesón, amor e moita adicación presenta uns resultados que xa quixeran para sí moitas cidades do país; da nada contamos cunha “Semana da Danza” consolidada, máis de 3000 persoas que asisten cada ano ás representacións organizadas polo Conservatorio, exalumnas que xa xestionan as súas propias academias logo de graduarse, ou que están a recibir premios nacionais e internacionais na súa carreira profesional, ben como intérpretes ou como coreógrafas. Sin deixar de citar ás alumnas que acceden aos conservatorios superiores de máis sona do estado español e que volverán á terra como profesionais, si o permiten as administracións públicas.
Diciamos antes que esto non é froito da casualidade, é o resultado de sementar e sachar, de perseverar e de moito traballo, así é como o ten que ver a sociedade, en especial a Consellería de Educación que non debe esperar máis en facer realidade unha necesidade cultural e educativa no país; unha rede de conservatorios de danza que iguale, cando menos, á de conservatorios de música.
Así o dicimos, a peito descuberto, “que nos quiten o bailao”. Temos danza para derrubar muros e saltar valados imposibles.
Viva Raúl, viva o CDAN e que viva Lugo!