GYROTONIC EXPANSION SYSTEM® é un método de movemento único e orixinal, que ten as súas raíces no ioga, no Tai Chi, na natación e na danza. Baixo o seu nome englóbanse os métodos GYROTONIC® e GYROKINESIS®. Estes foron desenvolvidos por Juliu Horvath, un bailarín profesional de orixe rumana, despois de que a súa carreira se interrompese por unha serie de lesións. Tras practicar ioga e meditación durante varios anos e afondar máis no movemento e a curación, desenvolveu o chamado ioga para bailaríns, que el mesmo ensinaría en NuevaYork. Despois de que a súa popularidade crecese e non so bailaríns asistisen ás súas clases, adaptou o sistema para que case calquer persoa puidese practicalo e chamouno Gyrokinesis. As secuencias do ioga para bailaríns orixinario mantéñense hoxe como Gyrokinesis nivel 2.
Gyrokinesis practícase cunha banqueta e un colchón. A sesión, que adoita ser en grupo, comeza cun suave quecemento, que conecta mente e corpo, alonxándonos do estrés da vida cotiá e estimula o sistema nervioso. A continuación, e partindo dos sete movementos naturais da columna vertebral (diante, detrás, esquerda, dereita, espiral á dereita e á esquerda, e movemento ondular), realízanse una serie de exercicios tridimensionais, circulares e espirais que, acompañados por técnicas específicas de respiración, conseguirán osixenar o corpo, desbloquear enerxía e liberar as articulacións. Posto que as posicións non se manteñen estáticas en ningún momento, senón que flúen entre elas como una pequena danza, non se crean tensións innecesarias e se consegue un traballo máis global de corpo. Para finalizar a clase realízanse unha serie de exercicios aeróbicos de pé. Despois da sesión, un sentirase máis relaxado, coa sensación de ter recibido una masaxe en todo o corpo, pero sabendo que realizou un adestramento san e vigoroso, que lle axudará a sentirse mellor na súa vida cotiá.
Mireia Facal comezou os seus estudos de ballet aos 3 anos na escola do Ballet Rey de Viana e, máis adiante, no Conservatorio de Danza de A Coruña. Grazas á consecución dunha bolsa de estudos, continuou a súa formación en Madrid, na prestixiosa escola de Víctor Ullate. Tomou clases con mestres como Fernando Bujones, Lázaro Carreño, Carmen Roche, Aurora Bosch, Karemia Moreno, Pino Alosa, Jorge Kristoff, entre outros, e asistiu a cursos en Londres, Cannes, NY, etc. Na compañía de Víctor Ullate, acadou o seu primeiro contrato profesional no ano 1998. Nesta época, foi finalista tamén do Concurso de danza de Torrelavega e do Concurso de danza da Coruña. Bailou tamén profesionalmente en Arte 369 e noutras formacións en Madrid. Entre 2008 e 2014, traballou na compañía de ballet de Landestheater Detmold (Alemania), onde ademáis recibiu no ano 2012 o premio de teatro á mellor bailarina do ano.
Durante os seus anos como bailarina en Madrid entrou en contacto co GYROTONIC EXPANSION SYSTEM®, como un complemento á danza. Experimentou os beneficios do método e no ano 2012, xa en Alemania, decide comezar a súa formación como instrutora. En 2013, convértese en GYROKINESIS®Certified Trainer Level 1 da man de Anke Hauerstein, Martin Lämmerhirt e Silvia Frosali, e un ano máis tarde, en GYROTONIC®Certified TrainerLevel 1, con Anke Hauerstein, Martin Lämmerhirt, Lucrezia Caricola. En 2015, movida polo seu desexo de coñecer e aprender de Juliu Horvath, fundador do método, asiste ao Rejuvenation Course, en Münstertal, Alemania. No mesmo ano, especialízase en cintura escapular e ombro co curso GYROTONIC®Therapeutic Application for Shoulder Girdle, impartido por Uwe Herbstreit, no centro Gyrotonic Madrid.
BENEFICIOS
- Alonga e fortalece a columna vertebral, reducindo a súa rixidez
- Mellora a circulación sanguínea.
- Tonifica a musculatura.
- Libera as articulacións e aumenta a súa movilidade e a súa fortaleza, previndo lesións.
- Desenvolve a coordinación.
- Estimula o sistema nervioso.
- Favorece a eliminación de toxinas.
- Crea harmonía e equilibrio na enerxía e libera tensións.
- Mellora a postura.
DATA: 25 DE OUTUBRO
HORARIOS:
Quenda 16.00 a 18.00:
4ºGPB, 5ºGPA, 6ºGPA, 6ºGPB
Quenda 18.00 a 20.00:
3ºGPA, 3ºGPB, 4ºGPA, 5ºGPB