Blogues

O mércores 30, celebramos o Día Escolar da Paz e da non violencia no Cdan. Durante estas datas, o alumnado realizou uns traballos de papiroflexia que penduraron no hall do conservatorio e que incluían desexos de paz, realizados polo mesmo alumnado.

DÍA ESCOLAR INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2019
O 30 de xaneiro conmemórase o “Día Mundial pola Paz”, a Paz como un estado onde non existe ningún tipo de violencia e créase unha convivencia sa entre as persoas.
Este día instaurouse na Asemblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1981. Naceu co obxectivo de influenciar nas políticas de todos os países no eido de erradicar a violencia en todos os seus xéneros.
A data foi elixida en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi (Mahatma quere dicir 'alma grande' en sánscrito), considerado o máximo representante do pacifismo mundial, polo seu compromiso na loita polos dereitos das persoas e dos pobos, loita que levaba a cabo por medio de accións non violentas, onde se fomentaba a concienciación e o diálogo.

Nesta data recordamos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.

O lema deste día é:
'Amor universal, non-violencia e paz
O amor universal é mellor que o egoísmo
A non-violencia é mellor que a violencia
E a paz é mellor que a guerra'

  • O Executivo Provincial achega 2.500 euros para promover a iniciativa Lugo en Danza, que inclúe actividades deste colectivo por toda a provincia, facilitando o acceso a todos os públicos a este tipo de espectáculos de baile de xeito totalmente de balde.
  • García Porto explicou que “ademais, os alumnos que participan realizan unha aprendizaxe a través das representacións das artes escénicas, ao mesmo tempo que fomentamos os estudos profesionais de danza por toda a provincia”.

O Conservatorio de Lugo é o único centro público de danza da comunidade, dependente da Consellería, onde se poden cursar o grao elemental así como os graos profesionais de danza clásica e da danza contemporánea

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, avanzou que o Goberno da Deputación asinou un novo convenio de colaboración co conservatorio de danza de Lugo, no que participan 100 alumnos, cunha achega económica de 2.500 euros, para promover a iniciativa Lugo en Danza, que inclúe actividades deste colectivo por toda a provincia.

García Porto remarcou que “o obxectivo destas representacións é promover o acceso a todos os públicos a este tipo de espectáculos que non son habituais nas programacións dos Concellos, e que ademais son de balde. Ademais, os alumnos que participan realizan unha aprendizaxe a través das representacións das artes escénicas, ao mesmo tempo que fomentamos os estudos profesionais de danza por toda a provincia”.

Cursos de grao elemental, danza clásica e contemporánea en Lugo
O Conservatorio de Lugo, no que participan 100 alumnos, é o único centro público de danza da comunidade, dependente da Consellería, onde se poden cursar o grao elemental así como os graos profesionais de danza clásica e da danza contemporánea.  Actualmente mantén unha importante presenza na axenda cultural de Lugo, ademais doutras comunidades.

Fonte: web Deputación Provincial de Lugo.

http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/70613

ENSAIOS QUEBRANOCES SEMANA DO 17 Ó 21 DE DECEMBRO

 

Anxos (Amparo)

Festa (Cristina)

Ananos (Xiana / Bárbara)

Ratóns/ Cabalería/ Canoneiros (Lucía)

Ensaios Anxos con Amparo (16 alumnos)(1º e 2º grao elemental)

Luns 17

Mércores 19

Xoves 20

Venres 21

16:00 – 17:00 A1

18:00-19:00 A4

17:00 – 18:00 A1

18:30 – 19:30 A2

 Ensaios Festa (12 alumnos) (Cristina) (3º e 4º grao elemental, 1º e 2º grao profesional)

Luns 17

Martes 18

Mércores 19

Xoves 20

Venres 21

17:00 – 18:00 A3

18:30 – 19:30 A4

18:00 – 19:00 A8

20:00 – 21:00 A1

19:00 – 20:00 A8

 Ensaio Ananos (6 alumnos) Xiana / Bárbara (3ºe 4º grao elemental, 1º e 2º grao profesional) 

Luns 17 (Bárbara)

Martes 18 (Xiana)

Mércores 19 (Bárbara)

Xoves 20 (Xiana)

Venres 21 (Cristina)

17:00 – 18:00 A8

20:30 – 21:30 A1

17:00 – 18:00 A2

19:00 – 20:00 A1

20:00 – 21:00 A8

 

Ensaios Ratos (5 alumnos)/Cabalería (3 alumnos)/Canoneiros (4 alumnos) con Lucía

Luns 17

Mércores 19

Xoves 20

Venres 21

18:00 – 19:00 A3

19:00-20:00 A3

17:30 – 18:00 A8

19:00 – 20:00 A5

O xoves 13 de Decembro terá lugar, un ano máis, o IX Festival de Danza a favor de Unicef no que bailará o alumnado do CDAN Lugo.

As entradas pódense mercar en: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/danza/auditorio-municipa...

Ás 20.30 no Auditorio Gustavo Freire.

 O Conservatorio Profesional de danza de Lugo, participará -un ano máis-    na "GALA SOLIDARIA DE DANZA" que se celebrará o vindeiro 1 de Decembro no Auditorio Ágora da cidade coruñesa.

 Na citada gala -organizada pola "Asociación Integral de Rescate en Emergencias"- participará o alumnado de 4º e 6º GP das especialidades de Danza Clásica e Danza Contemporánea do CDAN.

As entradas pódense mercar en www.ticketea.com a un prezo de 5 €.

Data: Sábado, 1 de Decembro 2018
Hora: 20.00 h.
Lugar: Centro Ágora (A Coruña)
Distribuir contido