Blogues

PRAZO DE INSCRICIÓN CURSO 2019 – 2020

PREPARATORIO

PRAZO DENDE O 2 DE MAIO ATA CUBRIR PRAZAS
•    Para nenos e nenas nacidos no ano 2012
•    Admisión por rigorosa orde de inscrición
•    Nº de prazas: 40
•    Cubertas as 40 prazas xérase unha lista de espera
Documentación:
1.    Folla de inscrición
2.    D.N.I. ou libro de familia
3.    Fotocopia da tarxeta sanitaria
4.    1 Foto tamaño carné ( co nome escrito no dorso)

PROBAS DE ACCESO

◊ PROBA DE ACCESO AO 1º CURSO DE GRAO ELEMENTAL

PRAZO  DENDE O 2 DE MAIO ATA O 12 DE XUÑO
Documentación:
1.    Folla de inscrición
2.    Foto
3.    Fotocopia de D.N.I. ou libro de familia

◊ PROBA DE ACCESO AO 1º CURSO DE GRAO PROFESIONAL

PRAZO: DENDE O 4 DE XUÑO ATA O 13 DE XUÑO
Documentación:
1.    Folla de inscrición
2.    Foto
3.    Fotocopia de D.N.I. ou libro de familia
4.    Impreso de taxas aboadas
O importe da taxa son 34 euros por proba.
Descontos:
        Familia numerosa de categoría xeral: bonificación 50%
        Familia numerosa de categoría especial: bonificación 100%

A curtametraxe realizada polo Profesorado e alumnado do CDAN, baixo a organización do Equipo de dinamización da lingua galega e coa colaboración do IES San Xillao está xa na rede a través da canle VIMEO.

MIRarte conta a historia de Lois, que é un adolescente que compaxina o último curso do bacharelato cos esixentes estudos de danza no conservatorio da súa cidade. Ao remate do curso deberá decidirse por continuar o grao superior nas artes escénicas como lle pide seu corazón, ou pola mediciña como lle aconsella parte da familia e do entorno académico. Dualidade entre razón e corazón, nunha fase vital do seu desarrollo persoal nunha sociedade onde o recoñecemento profesional escríbese nun papel a final de mes.

As localizacións da curta tiveron lugar en varios emplazamentos da cidade de Lugo; Conservatorio de Mùsica, IES San Xillao, Cafetería Minuetto e nos exteriores Facultade de Humanidades, río Rato, etc...

No traballo participou o alumnado de elemental e profesional do CDAN, así como alumnado de 1º de Bacharelato do San Xillao e profesorado de ámbolos dous centros.

 

O alumnado do CDAN colabora un ano máis no VII Ciclo de Música Contemporánea de Lugo.

“O obxectivo dos músicos da Xeración do 27 foi, partindoda tradición musical española, incluír a nosa música nasprincipais correntes vangardistas que se desenvolvían poraquela época en Europa. A pesar de todos os atrancos quedeberon superar e do traumático parón tras a guerra civilespañola, que condenou á maioría dos músicos da xeraciónao exilio, as bases creadas por este grupo terán continuidadena coñecida como Xeración do 51”. J.I. González Mozos.

No limiar do s. XX, a creación musical en España estabadominada pola corrente posromántica e nacionalista quelideraban Manuel de Falla, Enrique Granados, Isaac Albéniz eJoaquín Turina. Tras eles, unha nova xeración de composito-res abriuse paso transitando un camiño que os levou cara aospostulados estéticos neoclásicos e modernistas imperantesna Europa de entreguerras. Neste grupo sobresairán nomescoma os de Ernesto e Rodolfo Halffter, Federico Mompou,Roberto Gerhard ou o lucense Jesús Bal y Gay, sendo á vezpredecesores da xeración do 51 dos Cristóbal Halffter, Luis dePablo ou Carmelo Bernaola, creadores vinculados ás vangar-das creativas da segunda metade do s.XX. Paralelamente aisto, tiña lugar en Portugal un proceso similar con composito-res coma Luís de Freitas Branco ou José Viana da Mottapasándolle o testemuño a unha nova xeración con nomescoma Emmanuel Nunes, Luís Tinoco, João Pedro Oliveira,Jorge Peixinho ou Miguel Azguime.

“Quen se aferra a un sistema, faise epígono de quen oinventou. Crear é, ó meu modo de ver, transformar o sistema,como fixo Mozart no seu tempo” Enrique X. Macías.

Foi en Portugal onde o vigués Enrique X. Macías, posible-mente o compositor galego máis importante do último terzodo s. XX, encontrou máis sinerxías e apoios para desenvolvero seu labor creativo. Estas e outras circunstancias da súa vidaserán abordadas na conferencia-concerto “Enrique X.Macías: material – rizoma” a cargo de Paco Yáñez e VertixeSonora Ensemble.Ademais desta actividade, o VII Ciclo de Música Contem-poránea de Lugo “MIHLSons-XXI” contará cunha programa-ción de tres concertos, unha clase maxistral de percusión e oespectáculo de música e danza contemporánea “Olladas noTempo”.

Diego Ventoso Fernández. Dirección artística e coordinación do Ciclo.

(Ver programa no adxunto)

 

Hoxe luns ás 20,30h, teremos un faladoiro sobre os estudos superiores que se imparten no Institut del Teatre de Barcelona. As poñentes da actividade serán Cristina Facco, profesora de danza clásica nese centro e María Pichín, ex-alumna do Cdan de Lugo que na actualidade está a rematar os seus estudos de danza no Institut. 
 
A actividade terá lugar no salón de actos da EOI e está aberta a todo o alumnado a partir de 3ºGP, así como tamén ás súas familias.
 
Ás 18,30h Cristina Facco impartirá unha clase de danza clásica na aula 6 do noso centro para o alumnado de 3º a 6º da especialidade de danza clásica.
 
Festexamos o día da muller con esta fermosa peza de #videodanza realizada por Fernando de Valenzuela Estudio, con coreografía de Alba Felpete, sobre o poema "Compañeras" de MARWAN.
 
#8m #lugo #cultura #videodanza #danza #vellocarcere Cultura e Turismo de Lugo #muller

Compañeras - CDAN Lugo from Cdan Lugo on Vimeo.

Distribuir contido