O vindeiro xoves, 21 de febreiro, para todo o alumnado de grao elemental, estará  Xurxo Souto desenvolvendo a actividade:

 

Dixo o profesor sueco, Staffan Mörling:
"Galicia non é un fin do mundo.É un centro do mar". Nesta sesión achegarémonos, con cantos e contos,a este universo oceánico, tan próximo e descoñecido. Lugo convertido nunha gran atalaia para divisar os barcos galegos por todos os mares do Mundo.

Xurxo Souto é cantante, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica.  Foi o líder e vocalista da banda de rock Os Diplomáticos de Monte Alto, e gran difusor da música galega de agora e sempre. Outra das súas facetas a destacar é a de escritor. Ademais de ter cinco libros publicados, ten colaborado con artigos en diferentes publicacións.

Dende 1986 comezou a traballar en diversos programas de radio en galego, e desde outubro de 2005 até abril de 2009 foi Director de Programas da Radio Galega.

Ao longo da súa traxectoria tamén traballoucomo actor en producións galegas (Mareas Vivas, Entre bateas).

A xornada distribuirase en dúas sesións:

-1ºA, 3ºA, 2º A e 2º B: de 17.00-18.00 (A.6)
-1ºB, 3ºB, 4º A e 4º B: de 18.00-19.00 (A.6)

Joaquín de Luz é un bailarín madrileño que iniciou a súa andaina no mundo da danza na escola de Víctor Ullate, con quen tamén daría os seus primeiros pasos profesionais, formando parte da súa compañía desde 1992 ata 1995.

Tras gañar a Medalla de Ouro no Concurso Internacional de Ballet “Nureyev” de Budapest, no 1995, é contratado polo Pennsylvania Ballet.

No 1997 entra a formar parte das filas do American Ballet Theatre e un ano máis tarde sería ascendido a bailarín solista.

No 2003 accede como solista ao New York City Ballet, compañía á que será ascendido como bailarín principal no 2005, desenvolvendo os anos máis salientables da súa carreira profesional como bailarín.

En outubro de 2018 retirouse oficialmente do NYCB, pero non se trata dunha despedida definitiva, xa que continuará vinculado a outros proxectos.

Entre os galardóns que posúe destaca o Benois da danza (2009) e o Premio Nacional de Danza na modalidade de Interpretación (2016).

Segunda edición da “Gala de danza contra o cancro”.
Xoves - 14 de febrero - 20:30 no Gustavo Freire.

Intérpretes: bailaríns de grao profesional do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo. Mostrarán pezas de danza galega, flamenco, danza clásica e danza contemporánea.
Presentan: alumnos de grado elemental do Cdan de Lugo e a actriz lucense Beatriz Serén

Todos os beneficios irán destinados á Asociación Española contra el Cáncer (AECC).

Entradas en ataquilla.com

A danza foi durante boa parte da historia unha arte na que as mulleres deixaron a súa pegada como creadoras e directoras, ademais de como intérpretes. Sen embargo, nas últimas décadas produciuse un retroceso e unha invisibilización desta axencia feminina.

Recentemente, aínda que de forma lenta, esta invisibilización estase a cuestionar en diferentes medios de comunicación e no propio sector. No medio do movemento #metoo, a denuncia pola ausencia en postos de creación e de poder foi tomando forza.

Neste faladoiro trataremos estes debates de actualidade en torno a estes feitos e analizaremos por que ao longo da historia da muller, sempre que esta se adentrou no campo da creación e do poder, foi definida como unha “pioneira” e as implicacións que isto ten na educación das novas xeracións.

6 de febreiro, de 19,30 a 21h
Aula 6
Alumnado de grao profesional de ambas as dúas especialidades

O vindeiro 5 de febreiro parte do alumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo bailará co Ballet Imperial Ruso a coñecida obra de repertorio clásico "O Quebranoces".

O alumnado seleccionados para participar en este ballet teñen entre 8 e 13 anos e cursan entre 1º de grao elemental e 2º de grao profesional. Todos eles levan ensaiando desde decembro co profesorado do centro e interpretarán á rapazada da festa, aos ratos, aos cañoneiros e á cabalería na batalla e aos anxiños e aos ananiños no segundo acto.

A cita terá lugar ás 20,30h no Auditorio Municipal Gustavo Freire e as entradas están á venda na páxina de Ataquilla. A compañía convidou a todo o alumnado do centro a asistir como público á clase e ao ensaio xeral do Quebranoces, que terán lugar esa mesma tarde no auditorio.

*Foto: Fernando de Valenzuela

Distribuir contido