Moodle - Open-source learning platform | Moodle.org

  • Os cursos dispoñibles na Aula Virtual do CDAN Lugo, son os que a continuación se relacionan:

(Incluímos tamén, ao final desta páx., unha "Guía de acceso e xestión para o alumnado" da Aula Virtual)

Ola, nestes días estamos a poñer en funcionamento a aula virtual para as clases de música. Por esta cuestión elaboramos unha guía de acceso e rexistro, que tedes no anexo desta mensaxe. A medida que vaiamos rexistrando os diferentes cursos, iredes tendo acceso á AV.

Con esta medida pretendo que o alumnado teña acceso dentro dun mesmo sitio á información, avisos, materiais, actividades e recursos para a materia de música e facilitar, desta maneira, a comunicación cun alumnado cunha amalgama de casuísticas, recursos e posibilidades.

Na tarde de hoxe (venres, 3) faremos uns breves encontros virtuais cos distintos grupos, unha primeira toma de contacto para ir familiarizándonos tanto co Webex (programa de videoconferencia) como coa aula virtual.

1º GP (A e B): 17:00 h.

2º GP (A e B): 17:30 h.

1º Elemental: 18:00 h.

2º Elemental: 18:30 h.

3º Elemental: 19:00 h.

4º Elemental: 19:30 h.

3º GP (A e B): 20:00 h.

4º GP (A e B): 20:30 h.

Somos conscientes dos cambios que está a xerar esta situación de confinamento, tamén en relación co CDAN. Aproveitemos o positivo que nos trae esta circunstancia.

Un saúdo,

Emilio Mesías Farías

(Profesor de música e coordinador TIC'S do CDAN Lugo)

Estimadas familias,

 

Debido ao estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo  COVID-19 suspéndese a actividade educativa presencial en tódolos centros de ensino. O equipo docente do Conservatorio de Danza de Lugo estamos a elaborar propostas de actividades que vos faremos chegar nos vindeiros días co obxectivo de manter na medida do posible a actividade educativa na modalidade a distancia. 

 

A comunicación entre o profesorado e as familias realizarase preferentemente a través de CentrosNet.

 

Así mesmo na web do Conservatorio ofreceremos información de interese:

http://www.edu.xunta.gal/centros/conservatoriodanzalugo/

 

Quedo a vosa disposición a través de CentrosNet, e.mail (conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.es) e teléfono (982284704).

 

Un saúdo cordial e moito ánimo a tod@s.

 

Raquel González García

Directora CDAN Lugo

INFORMACIÓN SOBRE A ACTIVIDADE LECTIVA/MEDIDAS DE PREVENCIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS

Á vista da comparecencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no día de hoxe na TVG, está prevista a suspensión a actividade lectiva en tódolos centros de Galicia a partir do luns 16 de marzo. Así mesmo recoméndase limitar a asistencia a actividades como medida preventiva.

O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo manterá informada á comunidade educativa das instrucións que recibamos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional coa máxima brevidade.

Hoxe xoves 12 de Marzo e mañá Venres 13, o alumnado do CDAN que non asista ao centro por prevención terá a falta xustificada e as faltas non terás ningunha consecuencia académica.

Un saúdo cordial,

Raquel González García

(Directora do CDAN Lugo)

 

PD.: Máis info relacionada na web da Consellería de Educación

http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus

Distribuir contido