- Aprázanse as probas específicas de acceso 2020 /2021, cuxa superación forma parte dos requisitos de acceso ás ensinanzas elementais e profesional de danza
- As probas de acceso terán lugar no momento no que as circunstancias sanitarias o premitan
ABERTO PRIMEIRO PRAZO DE PRE-INSCRICIÓN ONLINE ÁS PROBAS DE ACCESO A PRIMEIRO CURSO DE GRAO PROFESIONAL E PRIMEIRO CURSO DE GRAO ELEMENTAL CURSO 2020 – 2021
PRAZO
DENDE O 5 DE MAIO AO 5 DE XUÑO
VACANTES PREVISTAS
-34 vacantes para o primeiro curso de Grao Elemental.
-15 vacantes para o primeiro curso de grao profesional na especialidade de Danza Clásica.
-15 vacantes para o primeiro curso de grao profesional na especialidade de Danza Contemporánea.
PROCEDEMENTO DE PRE-INSCRICIÓN
Para formalizar a pre inscrición débese enviar un correo electrónico co asunto “Pre-inscrición Probas de Acceso 2020 2021” á seguinte dirección e.mail : conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal
No e.mail deben constar os seguintes datos:
-Datos persoais do alumno: Nome, Apelidos, Data de nacemento.
-Datos de contacto dos proxenitores: Nome, teléfono e correo electrónico.
-Curso para o que solicita a pre-inscripción.
Posteriormente no momento da inscripción se solicitará entrega de DNI ou libro de familia foto tamaño carné. No caso de inscrición as probas de grao profesional se solicitará tamén o pago das taxas correspondentes (34 euros/17 euros familia numerosa/ exenta familia numerosa especial).
Información sobre o desenvolvemento das probas de acceso na web do Conservatorio:
https://www.edu.xunta.gal/centros/conservatoriodanzalugo/?q=node/257#attachments