PERÍODOS DE MATRÍCULA CURSO 2020/2021

Tódolos cursos excepto primeiro curso de Grao profesional e primeiro curso de Grao elemental e os solicitantes de bolsa.

Do 8 ao 19 de xuño

Primeiro de Grao profesional

Do 29 de xuño ao 3 de xullo

Primeiro de Grao elemental 

Do 7 ao 11 de setembro

Solicitantes de bolsa e alumnado con probas extraordinarias en setembro.

Do 24 de agosto ao 3 de setembro

 

INSTRUCIÓNS PARA A MATRÍCULA

Para formalizar a matrícula toda a documentación será enviada ao correo electrónico do centro conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal

 En caso de dúbida chame ao teléfono do centro 982284704 (de 9 a 14h)  ou escriba ao e.mail do centro conservatorio.danza.lugo@edu.xunta.gal

 

DOCUMENTACIÓN: 

  1. FOLLA DE MATRÍCULA (Clique aquí ou VER NO ADXUNTO)
  2. IMPRESO DE AUTOLIQUIDACIÓN (Clique aquí para ver as instrucións de taxas matrícula e o método de pago)

 -E ADEMAIS:

Alumnos que se matriculan por primeira vez:

1.    Fotocopia do DNI ou libro de familia.

2.    Fotocopia da tarxeta sanitaria.

3.    Unha fotografía actual tamaño carné.

4.    Fotocopia do título de familia numerosa actualizado (se é o caso).

5.    Copia da resolución da patria potestade ( no caso de separación legal dos pais).

6.    Certificado de matrícula gratuíta (se é o caso).

7.    Os alumnos procedentes doutros conservatorios, xustificante de solicitude do traslado de expediente.

 

Alumnos do centro:

1.    Fotocopia da tarxeta sanitaria.

2.    Unha fotografía actual tamaño carné.

3.    Fotocopia do título de familia numerosa actualizado (se é o caso).

4.    Certificado de matrícula gratuíta (se é o caso). 

 

Os país/nais/titores ou o alumnado se é maior de idade pode achegar  información complementaria á requirida se o estiman necesario.

COMUNICACIÓN DOS RESULTADOS DA AVALIACIÓN FINAL 2019/2020

Os resultados da avaliación final estarán dispoñibles en CentrosNet a partir do 8 de xuño.

Así mesmo as familias recibirán información acerca dos resultados da avaliación final a través dunha mensaxe de CentrosNet o 8 de xuño.

O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo desenvolveu no presente curso escolar unha nova liña dentro do Proxecto de Formación Permanente do Profesorado: Implantación dos programas Erasmus+ no CDAN de Lugo. 

A través do seminario Á procura da internacionalización do CDAN o profesorado afondou no deseño dun plan de desenvolvemento europeo axeitado ás necesidades das nosas ensinanzas.

Grazas ós poñentes Francisco Javier Nuñez Aguado e Teresa Bacete García por compartir as súas experiencias e ao equipo de profesores pola súa dedicación.

Distribuir contido