Saltar navegación.

Probas acceso

Probas de acceso

REQUISITOS PARA INGRESAR NO GRAO ELEMENTAL

1º DE GRAO ELEMENTAL:

No mes de abril abrirase o prazo de preinscrición para os alumnos que pretendan inicialos seus estudios musicais en 1º GE, para ingresar os alumnos teñen que ter entre 8 anos (cumpridos antes do remate de decembro) e 14 anos. O Conservatorio anunciará con antelación a proba as vacantes que poidan xurdir para o primeiro curso de Grao Elemental, as probas realizaranse na segunda quincena do mes de xuño. O procedemento de ingreso farase en base a dous criterios: Unha proba onde se avaliarán as aptitudes dos interesados e a idade idónea para iniciar os estudios nas diferentes especialidades instrumentais. (DOG nº 207 do 25-10-2007)

CALQUERA OUTRO CURSO DE GRAO ELEMENTAL:

Habera un prazo de matrícula en xullo e na primeira semana de setembro e as probas realizaranse durante a primeira quincena do mes de setembro (DOG nº 207 do 25-10-07)

 

REQUISITOS PARA INGRESAR NO GRAO PROFESIONAL

1º DE GRAO PROFESIONAL:

Será preciso superar unha proba de acordo co disposto no Decreto 203/2007 (DOG do 31 de outubro de 2007). Dita proba será no mes de xuño e a matrícula a primeiros do mes (xuño).

CALQUERA OUTRO CURSO DE GRAO PROFESIONAL: 

Será preciso superar unha proba de acordo co disposto no Decreto 203/2007 (DOG do 31 de outubro de 2007). Dita proba será no mes de setembro e habera un prazo de matrícula en xullo e na primeira semana de setembro.

Distribuir contido