Saltar navegación.

O Centro

Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol

Creado no ano 1989 polo Concello de Ferrol, pasa a ser xestionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia no ano 1997, órgano do que depende na actualidade.

Desde a súa creación, o Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol foi desenvolvendo unha importante labor de formación musical na súa bisbarra, enfocado tanto desde o punto de vista profesional como o de institución cultural que contribúe á instauración paulatina dunha constante actividade musical a través das súas múltiples actividades. Impártense as ensinanzas musicais correspondentes ós Graos Elemental e Profesional. Ao longo destes estudos, o alumnado vai adquirindo unha rica cultura musical, así como un dominio interpretativo que os sitúa na posición idónea para poder gozar da música como afeccionados, cunha excelente formación, ou encarala proba de acceso a un Conservatorio Superior, se deciden converterse en profesionais da música. Actualmente o noso Centro conta cun cadro de persoal de 50 profesores e un alumnado crecente que na actualidade se cifra en 498 rapaces que adquiren o seu primeiro contacto co fascinante mundo da música.

 

Caricatura de Xan Viaño
¿Quen era Xan Viaño?

 

 

Distribuir contido