Saltar navegación.

Comenius

Asociacións escolares

O camiño da Asociación Multilateral Ars Europa chega ao seu fin, mais o traballo destes dous anos debe perdurar no recordo e servir de exemplo para experiencias futuras. A continuación: un listado de enlaces aos produtos elaborados.

El camino de la Asociación Multilateral Ars Europa llega a su fin, pero el trabajo de estos dos años debe perdurar en el recuerdo y servir de ejemplo para experiencias futuras. A continuación: un listado de enlaces a los productos elaborados.

The story of Ars Europe Multilateral Partnership comes to an end, but the work of these two years must endure in the memory and set an example for future experiences. Following: a list of links to products.

Project blog:

Comenius

 

 

Proxectos internacionais no Xan Viaño

Un ano máis de novas experiencias internacionais

Ao longo deste curso escolar 2011/2012 estivemos traballando en dous proxectos:

A Asociación Multilateral Comenius “Ars Europa”, no seu segundo e derradeiro ano de desenvolvemento e a Asociación Multilateral Leonardo da Vinci “European Art Confluence” coa que continuaremos ao longo do curso que ven.

Imos falar un pouco das actividades de cada unha das asociacións:

No marco do Comenius Ars Europa participamos nas seguintes actividades: realización dun conto en cadea entre todas as escolas participantes, realización de pinturas tipo “cadáver exquisito” colaborando con outras escolas, intercambio de cartas entre estudantes do conservatorio e rapaces/as estranxeiros,  realización de traballos e mostras sobre a nosa cultura e artes para darnos a coñecer aos nosos socios, realización de cuestionarios tipo Hot Potatoes para practicar os contidos aprendidos e difusión dos nosos traballos no blog do proxecto:

http://comeniusproject20102012.blogspot.com.es/

O momento máis esperado por todos os participantes neste proxecto foi a realización en Ferrol do último encontro desta Asociación Multilateral. A semana do 26 ao 30 de marzo do 2012 recibimos no noso centro e nas nosas casas a un total de 57 persoas das que 14 eran profesores e 43 estudantes. A pesar dos imprevistos, como que un dos días da visita coincidira coa folga xeral do 29 de marzo, tivemos moita sorte con outros factores pois fixo un tempo fantástico que nos permitiu gozar das actividades ao ar libre.

Visitamos a cidade de Santiago de Compostela, chegamos ao campus norte, paseamos pola zona antiga e arredores da Catedral, fomos xantar no comedor universitario do Monte da Condesa, no campus sur e asistimos a unha explicación sobre o Pórtico da Gloria que  mantén a Fundación Barrié na cripta da catedral.  Puidemos observar a arquitectura e modelo urbano da parte vella, da catedral, e reparar na importancia das universidades ligadas á historia desta cidade.

O coñecemento da historia de Galicia e do noso mundo rural foinos ofrecido nas instalacións de Aldea Nova no alto de Sedes en Narón. Como fixo un día claro, desde alí puidemos observar desde a ría de Ferrol até a lagoa da Frouxeira. Os nosos visitantes quedaron impresionados da paisaxe e coñeceron animais e plantas da fauna autóctona. Guiados polos monitores de Terranova visitamos a casa tradicional galega e explicáronnos o modo de vida dos nosos devanceiros. O obradoiro da tarde consistiu na práctica de xogos e deportes populares, pequenos e maiores tiveron oportunidade de disparar con arco ou lanza, serrar manualmente, andar con zancos, tirar da corda… foi divertido e entretido.

Os obradoiros que tiveron lugar no conservatorio consistiron en traballo con música e movemento, para o que organizamos unhas sinxelas clases de danza tradicional galega. Curiosamente para moitos dos estudantes do conservatorio tamén foi a súa primeira experiencia en contacto coas danzas tradicionais. Outro dos obradoiros consistiu na preparación dunha pequena peza tradicional, un aguinaldo con texto de despedida que traducimos aos diferentes idiomas dos países asociados. Serafín Santamariña acompañounos co acordeón e as profesoras de música dos diferentes centros axudáronnos a aprender a pronunciación. O obradoiro de música tradicional galega permitiu que os alumnos e alumnas participantes se achegasen ao uso de instrumentos de pequena percusión como pandeiretas, cunchas, güiros, maracas… todo isto acompañando de música en vivo (gaita, baixo eléctrico e percusión tradicional). Soaron ritmos variados: muiñeira, xota, pasodobre, rumba, reel…

O bo tempo permitiunos rematar o encontro como se rematan as festas ao máis puro estilo galego, cunha xira campestre en Doniños. Todos os que quixeron foron guiados pola costa até as penas Gabeiras, outros decidiron quedar a tomar o sol no areal.

Ao longo do encontro os participantes tiveron a oportunidade de asistir a 3 concertos no conservatorio: o concerto de benvida ofrecido pola Pequebanda e o Pequecoro, que preparou cancións nos idiomas dos centros asociados para esta ocasión. O segundo concerto ao que asistiron foi o preparado polo departamento de Canto, coa participación dos estudantes de canto e coro. A montaxe da escena e a interpretación de fragmentos de ópera de Mozart encantou ao público, para moitos dos nenos e nenas que asistiron foi o seu primeiro contacto directo coa ópera. O terceiro concerto foi o da asociación Comenius, nel todos os participantes puxeron en práctica o espectáculo preparado ao longo do curso. Finlandia fixo unha coreografía moderna na que aludía á vida nas aulas; tamén fixo unha divertida presentación sobre as dificultades que entraña aprender o finés. A escola de Pershore (Inglaterra) recitou poesías e realizou unha montaxe de percusión con cadeiras. A escola de Fontenay-Bois (Francia) cantou cancións en diferentes idiomas. Os nenos e nenas da escola de Darwen (Inglaterra) interpretaron música instrumental. Os nosos representantes foron os membros do cuarteto de metais C-Brass, que tocaron entre outras pezas, arranxos de músicas coñecidas.

Foi destacable a hospitalidade e colaboración das familias: todos os visitantes o comentaron, nalgúns casos até emocionados. As nais e pais en xeral, os da ANPA en particular, colaboraron enormemente na organización loxística desde un principio, pero sobre todo foi de moita axuda a súa colaboración para solucionar os problemas xerados pola convocatoria de folga. Interviñeron tamén na organización da merenda de benvida. Agradecemos a Carme Romero, nai de Iria Quintía, a cesión das súas Mulleres Mariñas cos seus poemas e das súas pinturas para a exposición que tivemos na planta baixa do conservatorio.

Contamos ademais coa axuda de alumnos e alumnas do centro: Lucía Amado e Carla Formoso, por facer de presentadoras en diferentes idiomas no concerto de benvida; Lucía Rey, por facer de profesora de Danza no obradoiro de “Música e Movemento” e tocar a percusión ensinando aos nenos participantes e bailar no obradoiro de “Música Tradicional”; Serafín Santamariña , que acompañou co acordeón o “Aguinaldo de Despedida” que traballamos no obradoiro de “Cancións en diferentes idiomas” e como colofón do concerto Comenius. Por suposto, mención especial aos membros do cuartetos: de metal C-Brass: Mónica García, Gerardo Muiño, Iago Pérez e Rita Fernández por representar ao conservatorio no concerto Comenius e polo seu talento presentando en diferentes idiomas. Grazas tamén aos membros do cuarteto Ponticello: Sabela Hughes, Inés Amarelo, Saúl García e Andrea Trillo polos traballos sobre a nosa cultura e artes.

Foi estupendo poder contar coa colaboración de antigos alumnos do centro, así Silvia Picos (antiga alumna de Piano) foi profesora de danza tradicional no obradoiro de “Música e Movemento”,  axudou a tocar a percusión ensinando aos nenos participantes e improvisou como bailadora unha muiñeira no obradoiro de “Música Tradicional”. Tamén queremos agradecer ao Grupo Etnográfico das Mariñas e en especial a María e Pancho Rodríguez, pais de Roque Rodríguez (antigo alumno de Acordeón),  a cesión dos traxes tradicionais de dúas parellas vestidas con atavíos da montaña uns e con traxe típico de Santiago os outros, que tivemos en exposición na biblioteca do centro ao longo da semana do encontro.

Tamén foi importante a participación dos membros do claustro, o equipo directivo e mais en concreto, a coordinadora de proxectos internacionais, agradece a colaboración de Enrique Agrelo, que acompañou aos visitantes no aeroporto á chegada e na partida e fixo os modelos de tarxetas de identificación e xustificantes de asistencia; Luz Alonso, que organizou unha audición de Canto e Coro con dous pases para que os nosos visitantes puideran asistir ao concerto; Begoña Álvarez, que participou como profesora de danza tradicional no obradoiro de “Música e Movemento” e como percusionista no obradoiro de “Musica Tradicional”; Mª Esther Andrés, que fixo de tradutora para diversos traballos e na xornada que pasamos en Aldea Nova; Mª Patricia Castro, que fixo de guía na excursión a Santiago de Compostela; Alma Mª Cendán, que se ocupou da organización dos concertos, de traballar cos lemas do proxecto nas celebracións do día da Paz e de quedar na praia cos pequenos o día da excursión a Doniños; Xosé Crisanto Gándara, pola súa participación no obradoiro de “Música Tradicional”, Iria Hevia, por axudar a organizar a loxística da semana de actividades; Suso Iglesias, por axudar a Serafín Santamariña a preparar o “Aguinaldo de Despedida”; Javier Lloréns, por acoller a un profesor finlandés na súa casa e acompañar aos visitantes no paseo ás Gabeiras; Sebastián Magdalena, por acompañar no paseo ás Gabeiras; Jorge Montes, por facer os formularios de avaliación e participar como tradutor na xornada en Aldea Nova; Sabela Olivares, que foi a gaiteira do obradoiro de “Música Tradicional”; Hugo Paradela, que fixo de guía e tradutor na excursión a Santiago e na xornada de Aldea Nova; Andrés Pazos, que acolleu na súa casa a un profesor finlandés e nos guiou no paseo ás penas Gabeiras; Sergio Pena polas fotos; Alexandra Pita, pola complicada tarefa de facer os emparellamentos e resolver os problemas de comunicación; Catuxa Pita, polas colaboracións do Peque Coro no blog e no concerto de benvida; Iria Rico, por ser a profesora de danza tradicional no obradoiro de “Musica e Movemento” e a Ana Salgado, por facer de guía e tradutora na excursión a Santiago de Compostela. En xeral, grazas a todos os que interviñeron máis ou menos directamente no desenvolvemento do proxecto.

Grazas tamén a todo o persoal non docente; durante esa semana o maior número de persoas no centro e a cantidade de concertos supuxo tamén unha maior carga de traballo para todos. Agradecementos especiais a Loli de secretaría, que no momento de apuro cando se suspendeu a visita ás cubertas da catedral nos facilitou información alternativa sobre outros lugares de interese. 

En xeral o balance deste encontro foi moi positivo, ¡esperemos poder contar no futuro coa concesión de axudas do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos que nos permitan levar a cabo proxectos similares!

En definitiva, moitos membros da comunidade educativa participaron e colaboraron neste proxecto, os que traballaron este ano e os que o fixeron xa o curso anterior, grazas a todos e a todas.

 

Uns proxectos rematan e outros comezan

Este é o noso primeiro ano de participación na Asociación Multilateral Leonardo da Vinci titulada “European Art Confluence”. Os países socios son de Portugal, desde onde participan dúas escolas de Braga: “Agrupamento de Escolas de Maximinos” e unha escola de Música “Companhia da Música”; os nosos socios de Francia pertencen ao Lycée Charles Renouvier da cidade de Prades, en concreto o apartado do módulo dedicado a produción audiovisual; de Luxemburgo son os integrantes da compañía de teatro pertencente á Confédération dela Communauté Portugaise au Luxembourg, unha asociación de emigrantes portugueses neste lugar; na cidade de Innsbruck, en Austria, están establecidos os integrantes da Asociación “Fun & Learn” Verein zur Förderung der Bildung und der sinnvollen Freizeitgestaltung, que  organizan campamentos de verán para aprender a compor cancións e practicar linguas; en Saarbrücken, Alemaña, estamos asociados cunha escola técnica cun módulo de realización audiovisual: Technisch-Gewerbliches Berufsbildungszentrum 1.

O produto que pretendemos elaborar con esta asociación é unha película. Portugal corre a cargo do guión, Luxemburgo ten experiencia traballando con actores, Alemaña encargarase da rodaxe, Austria vai compor dúas pezas de música diexética (que é tocada na película), Francia encargarase da montaxe e nós faremos a banda sonora.

Os estudantes que desexan participar nas mobilidades (é dicir, nas viaxes) comprométense a traballar en presentacións sobre os países participantes na asociación. Estes traballos son enviados a Alemaña que os vai colgando no blog do proxecto:

http://europeanartconfluence.blogspot.com/ 

En relación con este proxecto foron realizadas diferentes actividades promovidas polo EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), a ANPA e o departamento de Composición do conservatorio: entre elas a organización dun concurso de temas para unha curtametraxe tipo “falso documental”, a realización dunha “curta” felicitación de Nadal para os centros asociados, a organización do VII Concurso de Creación Musical como concurso de Bandas Sonoras, o concurso de Interpretación de músicas de banda sonora (organizado pola ANPA e financiado pola Deputación Provincial De A Coruña).

Destacamos como moi interesante a realización de un cursiño de Composición Audiovisual impartido por Sofía Infante Souto, unha antiga alumna do centro que está cursando esta especialidade no Conservatorio Superior de Oviedo e que se brindou a axudar aos nosos estudantes de grao profesional a realizar un primeiro achegamento ao mundo da música en relación co cine.

As viaxes que xa foron realizadas tiveron como destino: Francia, onde se perfilaron as liñas de traballo e Austria (Innsbruck), onde se traballou sobre as ideas do guión. A seguinte mobilidade foi de 1 profesora  e 3 alumnas que viaxaron a Luxemburgo, a finais do mes de maio, alá foi feito o casting de actores/actrices e participaron en obradoiros de teatro. A comezo do vindeiro curso a película será rodada en Alemaña, a comezos do 2013 recibiremos a visita dos nosos socios no centro, o filme será finalmente estreado no último encontro do proxecto, en Portugal, que é responsable de toda a coordinación.

A misión dos nosos músicos nas viaxes, ademais de mellorar as súas competencias en linguas estranxeiras, das TIC’s e no coñecemento da cultura dos países visitados, é a de participar como intérpretes en concertos benéficos realizados en lugares ou para comunidades que teñen un difícil acceso á música.

No tocante a este proxecto quero agradecer toda a dedicación dos profesores Sergio Pena, Ana Salgado e Alexandra Pita e o traballo do cuarteto Ponticello. Tamén agradecer a boa disposición de Patricia Castro que por segunda vez se veu na obriga de renunciar a participar nunha mobilidade por causa de forza maior.

Ermitas García Ríos. (Coordinadora de Proxectos Internacionais, CMUS Xan Viaño)

Con motivo da celebración da Semana Comenius 2011, publicamos a carta do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos dirixida ao Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol.

 

"Se acercan las fechas de la celebración de la

 

 

 

“La Semana Comenius -Celebración de la cooperación escolar europea”en todos los países participantes en el Programa de Aprendizaje Permanente, que tendrá lugar entre los días 2 al 9 de mayo.

Con un número creciente de centros educativos, docentes y alumnado disfrutando de experiencias europeas en su vida escolar ordinaria gracias al programa Comenius, la educación escolar va ampliando sus horizontes y contribuyendo a que los jóvenes sean cada vez más, ciudadanos europeos.

La Comisión Europea desea mostrar al público en general la implicación diaria de alumnos y profesores en proyectos europeos conjuntos y dar a conocer los resultados de esta cooperación europea.

 

 


Facilitará información sobre el objetivo de la campaña y las actividades transnacionales de la semana, dará visibilidad a las actividades desarrolladas por las Agencias Nacionales, los Servicios Nacionales de Apoyo e-Twinning y los propios centros escolares en el marco de  

 

“La Semana Comenius - Celebración de la cooperación escolar europea”. 


Dará una visión de las oportunidades que el programa Comenius ofrece para la cooperación europea y vínculos a  algunos recursos relevantes.

 

 

Los profesores y sus clases tendrán acceso a los recursos en red,herramientas y servicios. Tendrán la posibilidad de participar en actividades en línea y concursos que pueden completar sus lecciones, enfocando aspectos de la Europa contemporánea. Asimismo, tendrán la oportunidad de comunicarse con sus iguales en Europa, compartir ideas y tomar inspiración de otros colegas. La página web estará operativa entre el comienzo de abril y mitad de mayo.

 

Todos los centros educativos Comenius pueden consultar en la página web de la Agencia Nacional española (

www.oapee.es ) para encontrar el vínculo a la página mencionada de la Comisión Europea. Allí también hallarán las iniciativas promovidas en España, a nivel escolar, local, regional y nacional.

 

 

 

 

http://ec.europa.eu/publications/young/index_en.htm

 

 

 

Teachers’ corner -Inspiring teaching material about the European Union

 

(Rincón del profesorado- Material de enseñanza inspirador sobre la Unión Europea)

 

 

 

 

 

 

http://europa.eu/teachers-corner/index_en.htm 


Quick links for schools and universities (Enlaces rápidos para centros educativos y universidades)  

 Quick links for kids: games, quizzes and competitions (enlaces rápidos para niñós: juegos, acertijos, concursos) 


http://europa.eu/quick-links/eu-kids/index_en.htm   

 

Language Quiz (Acertijos) 

 

 

 

 

 

 

O Programa Comenius ten por obxeto reforzar a dimensión europea no campo da educación infantil, primaria e secundaria, promovendo a mobilidade e a cooperación entre centros educativos.

O CMUS "Xan Viaño" está a participar nunha asociación Comenius multilateral denominada:

 

Proxecto Comenius Ars Europa

 

 

 

Socios:

Escola de Härkävehmas (Hyvinkää, Finlandia)

College Joliot Curie (París, Francia)

 

 

 

 

 

 

Darwen Aldridge Community Academy (Blackburn, Manchester, UK) Holden Fold, Darwen, Lancashire

 

 

Abbey Park Middle School (Abbey Road, Pershore, UK)

Agrupamento Vertical Escolas Oeste da Colina- Escola E. B. 2, 3 Frei Caetano Brandão (Braga, Portugal)

Obxectivos:

Coñecer xente, cultura e as artes dos países participantes.

 

Practicar as linguas estranxeiras.

Practicar coas TIC’s.

Dar a coñecer o noso campo de desenvolvemento artístico: a música.

Actividades:

Participación nun blog. http://comeniusproject20102012.blogspot.com/

Preparación de un concerto para os encontros.

Elaboración de pequenos traballos sobre artes.

Resolución de Faber Quiz e Hot Potatoes.

Intercambio de regalos de Nadal e cartas entre os alumnos.

Mobilidades:

UK: 2 profesores e 6 estudantes 16/03/11 Manchester, 21/03-23/03 Pershore

Finlandia: 2 profesores e 5 estudantes 23/05/11- 27/05/11

España e Portugal reciben mobilidades en 2012.

Estudantes que participan:

Os estranxeiros son de idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos

Os do CMUS “Xan Viaño”:  Poden participar nas viaxes os estudantes matriculados en grao profesional este curso e/ou o seguinte. No resto de actividades pode participar calquera estudante do conservatorio, independentemente do grao.

¿De que xeito? Colaborando nas actividades arriba mencionadas.

 

Prioritario para a selección de alumnos para as viaxes será o grao de participación no proxecto.

 Para participar activamente no proxecto diríxete á coordinadora de programas internacionais do centro: ermitasgarcia@gmail.com

 

Querido@s participantes no Ars Europa,
 
agradezo moito as aportacións de traballos para colgar no blog. Vounas subindo pouco a pouco. Quero lembrarvos, que deben estar escritas en inglés. Esther, a profesora de frauta, que é experta nesa língua, ofreceuse para axudarvos coas traduccións, podedes poñervos en contacto con ela, os martes pola tarde, ás 4 ten unha hora que pode adicar a axudarvos.
 
Necesito que enviedes:
Os textos en formato word.
As imaxes en formato jpg., gif, bmp ou png e un máximo de 8 MB
Os vídeos en AVI, MPEG, Quick Time, Real ou Windows Media con un máximo de 100 MB
 
Como podedes ver no blog, non hai problema para poñer links a you tube.
 
De momento non teño o modo de cargar documentos feitos con power point, pero penso que pronto o vou conseguir.
 
Os que estedes interesados en que vos busque un ou mais "penfriends" nos paises participantes (Finlandia, UK, Francia ou Portugal), escribídeme un correo de presentación, poñendo o voso perfil: idade, estudos, hobbies, deportes, música favorita....para que podamos poñervos en contacto con rapaces/as afíns.

 

 

 

 

 

 

http://ec.europa.eu/education/languages/quiz/index_en.htm?cs_mid=4152

Comenius- Europe in the classroom (Comenius-Europa en la clase)

http://ec.europa.eu/education/lifelong-learning-programme/doc84_en.htm

eTwinning

http://www.etwinning.net/en/pub/index.htm

National Agencies in the countries participating in LLP/Comenius (Agencias

Nacionales en los países participantes en el Programa de Aprendizaje

Permanente/Comenius)

http://ec.europa.eu/education/lifelong-learning-programme/doc1208_en.htm

The EU in slides (Las diapositivas de la Unión Europea)

http://europa.eu/abc/euslides/index_en.htm

Europe direct- contact points (Europa Directo- Puntos de contacto)

http://europa.eu/europedirect/meet_us/directory/index_en.htm

Representations of the European Commissions in the member states

(Representaciones de las Comisiones Europeas en los Estados Miembros)

http://ec.europa.eu/represent_en.htm

Os animamos a participar y compartir, celebrando el magnífico trabajo que

estáis desarrollando.

 

 

 

http://europa.eu/quick-links/schools-universities/index_en.htm

 

 

  

 

Además ofrecemos una serie de vínculos donde encontrar recursos para trabajar en actividades de clase durante la semana de celebración (y después):

 

 

Easy reading Corner-Young people (Rincón de lectura fácil- Gente joven)

 

 

 

 

 

 

 

 

Todos los centros, sean de infantil, primaria, secundaria y/o formación profesional, están invitados a participar y reservar algún día de la semana del 2 al 9 de mayo en sus agendas para implicar a toda la comunidad educativa en la celebración de la Semana Comenius.

 

 

La Comisión Europea proporcionará una

página web multilingüe con recursos dedicados a la semana Comenius que: 

 

Distribuir contido