Inicio | Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Fóra da aula | Contacto
CALENDARIO 2024/25 |
Xan ViañoViaño Martínez, Xoán Alfonso(Xan, como era coñecido entre os seus amigos) - Ferrol (A Coruña), 1960 - Vigo (Pontevedra), 1991 Nace en Ferrol o 11 de decembro de 1960 e falece en Vigo o 26 de marzo de 1991. Cursou estudos de música na súa cidade natal e nos conservatorios de Coruña e Santiago de Compostela, e obtivo a licenciatura de Xeografía e Historia na universidade compostelá en 1982. En 1985 asiste ao II Curso de Música Electrónica no Gabinete do Conservatorio de Cuenca con Horacio Vaggione, ao curso de Composición de Villafranca del Bierzo, ao I Campo Internacional de Composición impartido por Cristóbal Halffter, Tomás Marco e Carmelo Bernaola e realiza en Viana do Castelo (Portugal) o curso de música electroacústica impartido por Daniel Teruggi. En 1986 acode ao curso de verán Manuel de Falla (Granada) cos mestres Donatoni e Josep Soler, e tamén aos seminarios realizados en Santiago de Compostela por Luis de Pablo, Tomás Marco, Jorge Peixinho, Álvaro Salazar e José Luis Temes. No verán de 1998 participou no curso de composición impartido por Franz Hummel nos Onternationales Jugendfetspieltreffen en Bayreuth (Alemania). Entre as súas obras destacan: Los cisnes del lago Ontario (1985), Metamorfosis (homenaxe ao pintor Manuel Rivera) composición para órgano obtivo o Premio de Composición Cristóbal Halffter en 1985, Músicas nocturnas para 5 instrumentos (1986), Preludio y Postludium a Cabalum, obra seleccionada na VI Tribuna de Jóvenes Compositores da Fundación Juan March de Madrid, In Memoriam G. C. para conxunto de metais, encargo do Centro para la Difusión de la Música Contemporánea (Festival de Alicante, 1987), Canciones sobre el Cementerio Marino sobre texto de Paul Valéry, Visións para piano, Nubes brancas para orquestra de cordas e Habibiamo fatto un bagno para orquestra sinfónica. No ano 1991 o Coro universitario de Santiago e a Orquestra da Coruña baixo a batuta de Maximino Zumalave interpretaron a Misa de Requiem de Wolfgang Amadeus Mozart na Concatedral de San Xulián de Ferrol como homenaxe póstuma a Viaño que, como o amosa o feito de que a súa obra segue a ser interpretada, permanece vivo na memoria colectiva. O seu legado compositivo nun principio depositado no Conservatorio de Vigo foi trasladado ao Conservatorio ferrolá cando este tomou o nome de Xoán Viaño. Ligazóns de interese:
|