Saltar navegación.

Querida Dora, estarás presente sempre na nosa lembranza!

   

     O CMUS Xan Viaño súmase ao pesar polo falecemento de Dorothé Schubarth, a musicóloga e compositora suíza que dá nome a unha das aulas do noso centro.

     A esta buscadora de tesouros musicais gardados na memoria, cando os cantos tradicionais aínda se transmitían nas casas e nas aldeas de xeración en xeración, debémoslle o traballo de gravación, análise, clasificación e estudo, en colaboración co profesor Antón Santamarina, dunha ampla colección de música tradicional galega publicada en sete volumes como Cancioneiro popular galego.

No acto de celebración das Letras Galegas no mes de maio do ano 2017 tivemos a honra de contar con Dora no Xan Viaño, pois acudiu ao noso centro a presentar o seu libro Os cantos do mar.

Achegamos ligazón á web culturagalega.org para quen teña interese en coñecer mellor a súa historia.

 

 

 

   

 

 

AdxuntoTamaño
Presentación con proxección.JPG134.81 KB
Caricatura Dora.JPG178.71 KB