Inicio | Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Fóra da aula | Contacto
CALENDARIO 2024/25 |
Concertos no hall: Semana de Santa IcíaNesta semana tan especial de Santa Icía, a música ten que estar por todas partes. Por iso, ao longo da semana terán lugar pequenas intervencións musicais a cargo do alumnado do Xan Viaño. Tomade nota dos Concertos no hall, esperámosvos!!
Concerto Solidario de Santa IcíaConcerto solidario de Santa Icía a cargo do profesorado do Xan Viaño, o próximo xoves 21 de novembro ás 19:00 h no Auditorio do conservatorio. Habilitarase unha urna na entrada do auditorio para recoller donativos voluntarios, que serán doados integramente a favor das Sociedades Musicales de la Comunitat Valenciana, afectadas duramente pola DANA. Grazas pola vosa colaboración.
Eleccións Consello EscolarDe acordo co establecido na lexislación vixente, convócanse eleccións para representantes de nais/pais, alumnado e profesorado do Consello Escolar do conservatorio. Animámosvos a que presentedes as vosas candidaturas do 1 ao 8 de novembro, para formar parte deste órgano colexiado tan importante para o centro. Nas ligazóns seguintes atópase toda a información. »
As música interrompidas: Balboa, Macías, Viaño.O vindeiro martes 26 de novembro ás 19:30 h, terá lugar no auditorio do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, a presentación do libro 'As músicas interrompidas. Balboa, Macías, Viaño", escrito por María del Carmen Lorenzo Vizcaíno, Lucinio Medel Iglesias e Javier Ares Espiño. Na presentacion descubriremos a vida e obra dos compositores galegos Manuel Balboa, Enrique Macías e Xan Viaño, que viron truncadas as súas carreiras musicais pola súa temperá morte. Ademais teremos a oportunidade de escoitar a súa música nas mans de Javier Ares ao piano. Entrada libre ata completar aforo.
Audición de violoncelloO martes 19 de novembro ás 18:15 h no auditorio do conservatorio, teremos a primeira audición do alumnado de violoncello deste curso. Entrada libre ata completar aforo.
Audición de música de cineAudición de música de cine o próximo martes 19 de novembro ás 20:00 h no auditorio do conservatorio.
Concerto alumnado de pianoConcerto de alumnado de piano que terá lugar o próximo luns 18 de novembro ás 19:00 h no auditorio do conservatorio. Entrada libre ata completar aforo.
Storytelling at the library!Storytelling at the library!
Concurso de Solistas 24-25Presentamos unha nova edición do Concurso de Solistas 24-25 organizado polo Departamento de Música de Cámara e Conxunto. Recordade que o premio do concurso é participar nos concertos de fin de curso no Auditorio Municipal de Ferrol, interpretando somo solista dunha das agrupacións do conservatorio o repertorio seleccionado. Animádevos a participar! Pinchando na imaxe e na ligazón podedes consultar as obras obrigadas e as bases desta edición:
Apúntate na PequeBanda do Xan Viaño!Comezamos outro curso repleto de ganas e ilusión!! Ven a fomar parte da nosa PequeBanda onde aprenderás a tocar nunha divertida agrupación de rapaces e rapazas. Estás list@ para realizar encontros, concertos, viaxes e unha chea de actividades onde farás moitos amig@s!??? Ven a probar durante todos os Luns de setembro de 19:00 a 20:30h na Aula de Banda. Agardámoste!!!
Apúntate no Peque Coro do Xan Viaño!Se es alumno/a do CMUS Xan Viaño, podes apuntarte ao Peque Coro (alumnado Grao Elemental) ou Peque Coro in crescendo (alumnado Grao Profesional), no mail pequecoro.cmus.xanviano@edu.xunta.gal ou ben asistindo directamente ao primeiro ensaio do venres día 20 de setembro. Os horarios son os seguintes: Peque Coro, venres de 18:30 a 19:30 h e Peque Coro in crescendo, venres de 19:30 a 21:00 h. Esperámosvos!
GUÍA DO ALUMNADO 23-24Queda a disposición de todas as familias e alumnado a "Guía do Alumnado - 23-24", documento que resume os aspectos máis relevantes do Centro e que poden ser do voso interese. Podédelo descargar pinchando na imaxe de abaixo e quedará a vosa disposición na sección de "Alumnado" do bloque da esquerda desta web. p.23.10.04 - m.23.10.10 Querida Dora, estarás presente sempre na nosa lembranza!Enviado por ermitas.garcia o Ven, 08/09/2023 - 20:32
»
Asociacións escolaresEnviado por ermitas.garcia o Ven, 27/07/2012 - 10:01O camiño da Asociación Multilateral Ars Europa chega ao seu fin, mais o traballo destes dous anos debe perdurar no recordo e servir de exemplo para experiencias futuras. A continuación: un listado de enlaces aos produtos elaborados. El camino de la Asociación Multilateral Ars Europa llega a su fin, pero el trabajo de estos dos años debe perdurar en el recuerdo y servir de ejemplo para experiencias futuras. A continuación: un listado de enlaces a los productos elaborados. The story of Ars Europe Multilateral Partnership comes to an end, but the work of these two years must endure in the memory and set an example for future experiences. Following: a list of links to products. Project blog: |