Acceso
Agregar a Favoritos
Ctrl+D
CMUS VIVEIRO
Cursos gratuítos no mes de maio para facilitar un primeiro achegamento á música dos nenos e nenas
O Concello de Viveiro, a través do Conservatorio Profesional de Música, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades para facilitar un primeiro achegamento á musica.
- Curso de Iniciación Musical, dirixido a nenos/as nados/as no ano 2017, baseado na idea de aprender xogando a través de diversas actividades musicais.
Prazo de matrícula: 24, 25 e 26 de abril. Prazas Limitadas.
-
Curso de Iniciación ao Instrumento para os instrumentos de canto ( 14 anos), clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, saxofón, trompeta e violonchelo. Dirixido a nenos/as de entre 8 e 14 anos, supón un primeiro contacto con estas especialidades instrumentais para nenos/as sen coñecementos musicais.
Prazo de matrícula: 2, 3 e 6 de maio. Prazas Limitadas.
A inscrición realizarase na secretaría do Conservatorio de Música e para calquera información pódese chamar ao teléfono 982 560486.
Impreso curso gratuíto de iniciación
Impreso curso gratuíto de instrumento