Skip to Content

CESE TEMPORAL DA ACTIVIDADE PRESENCIAL DO CMUS PROFESIONAL E DA ESCOLA DE MÚSICA DE TUI E ACTIVACIÓN DO ENSINO TELEMÁTICO

PECHE TEMPORAL Da actividade presencial do CMUS PROFESIONAL e da escola de música DE TUI E ACTIVACIÓN DO PROTOCOLO DE ENSINO telemático

Estimados/as pais,nais, alumnos e alumnas:

Debido ao aumento da incidencia da Covid-19 na poboación que estamos a experimentar nas últimas datas, a Consellería decretou á activación dende mañá mesmo (mércores 27) do “Plan de ensino virtual” nos diferentes centros de réxime especial, entre os que se atopa o Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Música de Tui, en principio ata o vindeiro 17 de febreiro.

Na referida activación do “Plan de ensino virtual ante a covid-19”, cada titor/a e profesor/a das diferentes materias e especialidades, tanto instrumentais como de conxunto e teórico-prácticas, contactará e impartirá clases telemáticas ao seu alumnado a través das diferentes canles habilitadas para tal efecto: correo electrónico oficial, aula virtual, Zoom, Skype, Whatsapp, teléfono...

En canto aos horarios do CMUS Profesional e da Escola de Música de Tui, as clases telemáticas manterán o seu horario presencial actual rematando 5 e 10 min antes nas clases individuáis e colectivas respectivamente para realizar o cambio de conexión pertinente. De todos os xeitos e en caso de necesidade, o profesorado, en acordo co alumnado, podería levar a cabo modificacións en beneficio dos propios discentes.

No caso das materias teórico-prácticas e de conxunto, e sempre na procura da mellor atención posible do noso alumnado, o profesorado disporá de certo marxe para a organización das súas clases e actividades

modalidade de ensino virtual garantirá tamén o control de asistencia dos alumnos/as, a través da supervisión por parte do profesorado.

Atentamente:

O equipo directivo

 


blog | by Dr. Radut