Skip to Content

Matrícula online para o Conservatorio Profesional

Instruccións para a matriculación do Conservatorio Profesional de Música de Tui para o curso 2020/2021

Debido á situación excepcional que estamos a vivir pola pandemia do Covid-19, dende o Concello de Tui e a Dirección do centro propoñemos para este curso 2020/2021 unha modalidade de MATRICULACIÓN ONLINE que evite o máximo posible que os pais/nais/alumnos/alumnas... acudades presencialmente ao centro para realizar estes trámites. De todos os xeitos, tamén se habilitará a matriculación presencial para todas as familias que teñades dificultades (Reserva de cita facendo click AQUÍ). Os pasos a seguir para o proceso de matrícula, que intenta ser o máis claro e curto posible, son os seguintes:

1º. Descargar e cumprimentar o modelo de matrícula do seguinte enlace. Pódese cubrir có ordenador dentro do propio arquivo (trátase dun formulario en pdf) ou imprimir e cubrir a man. Asegurarse de descargar o arquivo antes da súa cumplimentación de xeito dixital, e comprobar que se gardaron os cambios antes de cerrar a aplicación de visualización do pdf.

*ACLARACIÓNS:

  • A páxina 6 soamente se cubre se se quere fraccionar o pago. Aínda que neste primeiro paso non sexa necesario, no caso de fraccionamento compre selar esta páxina 6 na vosa entidade bancaria. Unha vez rematado este proceso tedes que enviar esta páxina selada ao noso email: cmus.profesional.tui@edu.xunta.es
  • Soamente hai que cubrir un modelo de protección de datos dependendo de se o alumno é maior ou menor de 14 anos.
  • Existe unha pestana ao final desta páxina para subir a documentación adicional requerida.

(fai clik na imaxe para iniciar a descarga)

. Firmar o modelo de matrícula nas páxinas 2, 4 ou 5 (segundo o modelo de protección de datos que corresponda) e 6 (só se se fracciona o pago) : Unha vez cubertos os papéis da matrícula hay dous xeitos de firmalo:

                    a) Firma dixital do modelo de matrícula (aforro de papel e tinta): Có arquivo en pdf cuberto, só temos que entrar na páxina web de "smallpdf" facendo clik na seguinte imaxe e seguir as instruccións:

Primeiro: Fai Clik no recuadro que pon "firmar un documento"

Segundo: subir o arquivo do modelo da matrícula previamente cuberto.

Terceiro: Fai Clik en "colocar firma", xusto enriba e a esquerda da primeira páxina do documento, e escolle a modalidade que prefiras (trazo có ratón, subir un arquivo de imaxe coa firma ou firma con cámara web). Despois disto aparecerá a firma nun recuadro que se pode mover por todo o documento ata os lugares indicados, cambiar de tamaño e realizar copias.

Cuarto: Fai clik en "Finalizar" e a continuación na ventana seguinte fai clik en descargar.

(FIRMA DIXITAL REMATADA)

            b) Firma manuscrita nos papéis impresos: Unha vez impreso e cuberto o arquivo (no ordenador ou a man), procederase á firma manual do impreso de matrícula nas páxinas sinaladas anteriormente. unha vez firmado teremos que escanear todas as follas para crear un novo arquivo en pdf.

(FIRMA MANUSCRITA REMATADA)

. Subir o arquivo en pdf firmado do impreso de matrícula e a documentación adicional nas seguintes pestanas (có nome e apelidos do/a alumno/a para identificar o arquivo):

Suba o arquivo en pdf firmado do impreso de matrícula a través desta aplicación

Nesta pestana poderedes adxuntar a documentación adicional da matrícula:

PARA TODAS AS MATRÍCULAS: Fotocopia do D.N.I (escaneado ou foto) por ambas caras.

SÓ PARA ALUMNOS DE NOVO INGRESO:
Fotocopia do D.N.I (escaneado ou foto) por ambas caras.
Fotocopia do libro de familia (escaneado ou foto) nas follas dos datos dos pais e do alumno



blog | by Dr. Radut