Skip to Content

CONCERTOS SOLIDARIOS DE NADAL 2019

CONCERTOS SOLIDARIOS DE NADAL 2019 CONSERVATORIO E ESCOLA DE MÚSICA DE TUI

Este xoves e venres, días 19 e 20 de decembro a partir das 19:30 hs., terán lugar na Sala de Audicións Do Conservatorio Profesional/Escola de Música de Tui dous concertos de nadal SOLIDARIOS a cargo dos nosos alumnos có obxectivo de que este nadal poidamos axudar con alimentos as familias da zona que máis o precisan.

Alumnos e alumnas de todos os nivéis da Escola de Música e do Conservatorio Profesional interpretarán un repertorio variado (dende música clásica ata música moderna) para esta causa, que será do agrado de calquera persoa que disfrute coma nós da música!

Antes do inicio destos concertos, realizarase unha recollida de alimentos en favor da Asociación Sos Tomiño-Baixo Miño. Recoméndanse alimentos non perecedoiros coma leite, cacao, aceite, azucre, enlatados ou procesados.

PON MÚSICA Á TÚA SOLIDARIEDADE!!



blog | by Dr. Radut