Skip to Content

CONVOCATORIA DE BOLSAS DO MEC

No día de hoxe, ábrese o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/24. Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line:

 

BOLSAS MEC

 Poderán ser beneficiarios das distintas contías  os/as alumnos/as que no ano académico 23/24 cursen:

 

  • Bacharelato

  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados

  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior

  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores

  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia

  • Ensinanzas deportivas

  • Estudos relixiosos superiores

  • Formación Profesional de Grao Básico

PRAZO:

 27 de marzo ao 17 de maio de 2023

 

Para calquera información no seguinte enlace:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html.

Tamén poden escanear o código de barras:

 

NON ESQUENCER ASINAR E PRESENTAR A SOLICITUDE DE XEITO ELECTRÓNICO

1)NA FOLLA 3 TEN QUE PREMER SOBRE A SEGUINTE PESTAÑA:

 


 

2) IMPRIMIR A XUSTIFICACIÓN DE PRESENTACIÓN E PRESENTAR A DOCUMENTACION QUE SE LLE REQUIRE SE ESTÁ VOSTEDE NALGUNHA DAS CIRCUNSTANCIAS QUE SE LLE INDICAN.

Esta documentación ten que enviala:

a) Se ten vostede a chave 365 a través da páxina:

https://sede.xunta.gal

b) Ou a través dos rexistros administrativos (CONCELLO, DEPUTACIÓN, XUNTA, DA ADMINISTRACIÓN PERIFÉRICA DO ESTADO, OU POR CORREO POSTAL).

Diríxao sempre ao seguinte enderezo:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña
 



blog | by Dr. Radut