Retorno a la página principal del portal de Biocontrución Someso: |
[Galego]
Na traxectoria de Bioconstrución Someso desenvolvimos moitas actividades que non chegamos a trasladar á web. Estamos traballando para incorporalas a este catálogo. Pregámoste que nos disculpes e invitámoste a visitar a páxina de vez en cando e ver as novas referencias incorporadas. Moitas grazas. |
[Español] Durante la trayectoria de “Bioconstrución Someso” desarrollamos muchas actividades que no llegamos a trasladar a la web. Estamos trabajando para incorporarlas a este catálogo. Te rogamos que nos disculpes y te invitamos a visitar la página de vez en cuando para ver las nuevas referencias incorporadas. Muchas gracias. |
Curso 2016-17 |
Programa Erasmus+ Mobilidade de persoal para aprendizaxe. Proxecto de formación internacional en bioconstrución “Bioform” Centro de Formação Profissional da Indústria da Construção Civil e Obras Públicas do Norte (CICCOPN) Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais |
Colaboración co Programa Municipal de Educación Ambiental. |
|
Xuño 2017. A Coruña. A empresa de servizos de educación ambiental “Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.” solicitou a inclusión de visitas escolares ó Módulo Bioclimático “A Vieira” no programa municipal “A enerxía que move a miña cidade” desenvolvido pola Concellería de Medio Ambiente. Durante a visita realízase unha explicación dos aspectos mais relevantes dos proxectos de Bioconstrución Someso, así como das posibilidades de formación profesional que ofrece Someso a través da colaboración realizada polas diferentes familias profesionais nos proxectos presentados. Os grupos participantes figuran na relación de visitas guiadas realizadas ao longo do curso e que se pode ver aquí. |
Colaboración co programa “Atrévete” |
|
Xuño 2017 Este programa se desenvolve no marco do Plan Eduemprende, promovido pola Consellería de Educación en colaboración coa Consellería de Economía e Industria, a través do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia e vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor. As visitas ao CIFP Someso realízanse para mostrar as posibilidades da FP aos alumnos de 2º ESO de diferentes centros da provincia da Coruña. Entre as actividades desenvolvidas en Someso encóntrase unha breve visita comentada ao módulo bioclimático A Vieira que se inclúe na relación de visitas guiadas realizadas ao longo do curso e que se pode ver aquí. |
Programa Erasmus+ Mobilidade de persoal para docencia. “Sessões de Formação sobre Cozinha Solar e Bioconstrução”. 22-26 Maio 2017. Faro (Portugal). Universidade do Algarve, Instituto Superior de Enxeñaría. Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais |
V Encontro Solar UDC 27 abril 2017. A Coruña. Promovido pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e organizado por ADEGA e o equipo de Bioconstrución Someso. A actividade consistiu nunha xornada de exposición i experimentación con fornos, cociñas e diversos aparellos para o aproveitamento da enerxía solar. Nesta edición reuníronse 50 fornos e cociñas solares realizando numerosas elaboracións culinarias. Actividade definida no apartado: Actividades de divulgación da Enerxía Solar |
Intenational Conference on Renewable Energy and Power Quality ICREPQ17. Ponencia “Comfort temperature and humidity evaluation of a bioclimatic design building”. Poster “Cooking with the sun: teaching and capaciting about solar energy” 4-6 abril 2017. Málaga. European Association for the Development of Renewable Energies and Power Quality, a Universidade de Vigo e a Universidade de Málaga. Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais |
Xornada de Sustentabilidade da UDC | |
1 decembro 2016 Universidade da Coruña. Campus de Elviña. Facultade de Dereito. A Coruña Unha exposición sobre diversos ámbitos da sustentabilidade na nosa sociedade ao longo do ano e en especial de cara as festas de nadal. A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña organizou a VII Xornada de Sustentabilidade convidando a diversas entidades e especialistas que teñen recoñecida traxectoria en diferentes aspectos que contribúen a mellorar o comportamento da sociedade no que respecta a sustentabilidade. |
Apertura Oficial do Curso 2016-17 de Formación Profesional 4 octubre 2016. Mondoñedo (Lugo). La Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través de la Dirección Xeral de Formación Profesional organizó una exposición en el IES San Rosendo con diez proyectos de innovación en FP desarrollados en Galicia para la apertura oficial del curso por la Reina de España. Más información [Español] AQUÍ Mais información [Galego] AQUÍ |
Curso 2015-16 |
Comisión Internacional de Avaliación da Tese de Doutoramento “Sustainable Comunities Project: Protocol and Appropiate Technologies for Water Management” 1 Xuño 2016. A Coruña. Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Física. Especialistas de Chile, Portugal e España. Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais |
IV Encontro Solar UDC 4 maio 2016. A Coruña. Promovido pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña e organizado por ADEGA e o equipo de Bioconstrución Someso. A actividade consistiu nunha xornada de exposición i experimentación con fornos, cociñas e diversos aparellos para o aproveitamento da enerxía solar. Nesta edición reuníronse 70 fornos e cociñas solares realizando numerosas elaboracións culinarias. Actividade definida no apartado: Actividades de divulgación da Enerxía Solar |
II Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas. |
|
27 Abril 2016. A Coruña. Organizadas polo Centro de Formación e Recursos. Os profesores Juan Bello e Juan R. Suárez expuxeron a experiencia do proxecto Bioconstrución Someso sobre as actividades de bioconstrución desenvolvidas desde os primeiros pasos no ano 2000 no IES Fernando Wirtz ata os proxectos internacionais e proxectos de innovación que deron lugar ó Módulo Bioclimático “A Vieira” e a súa relevancia como recurso didáctico excepcional ó que recorren numerosas institucións formativas para visitas técnicas. O elemento mais importante foi a colaboración de numerosos profesores e especialistas procedentes de múltiples ámbitos, tanto de Someso como doutras institucións. |
DIA DA NAI TERRA | |
22 abril 2016. Realización dun mural conmemorativo do día internacional da Nai Terra (22 de abril). Promovido pola Concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña, especialistas da empresa de servizos de educación ambiental “Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural, S.L.” en colaboración con alumnos del Ciclo Medio de Construción y de FP Básica de Automoción realizaron un mural no que se aplicaron técnicas relacionadas coa formación dos alumnos de construción. O mural contén unha inscrición alusiva á responsabilidade que ten cada persoa na forma de desenvolver o seu traballo con respecto á conservación do medio ambiente: “Coas túas mans, o teu traballo e os materiais que usas constrúese a túa realidade cotiá e a do teu planeta. DÍA DA NAI TERRA. Abril 2016”. Durante o desenvolvemento dos traballos realizou unha visita a Someso María García, Concelleira de Medio Ambiente, boa coñecedora dos proxectos de Bioconstrución Someso. |
FEIRA DA ENERXÍA DE GALICIA | |
14-16 abril 2016 Silleda. Pontevedra Unha exposición sobre os máis diversos ámbitos enerxéticos. A Consellería de Educación solicitou a participación dos centros de Galicia nos que se imparten ciclos formativos da familia profesional de Enerxía e Auga e tamén o CIFP Someso para mostrar os proxectos de innovación desenvolvidos no ámbito da bioconstrución. |
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS ÓS Proxectos de innovación do CIFP Someso | |
Marzo 2016 Visitas comentadas á exposición dos proxectos presentados polas familias de Edificación e Obra Civil e Fabricación Mecánica no Congreso de Innovación na Formación Profesional INNOVA FP GALICIA:
|
CONSOLFOOD 2016. Congreso Internacional sobre Avances no Procesamento Solar de Alimentos. 22 - 23 Xaneiro 2016. Faro (Portugal). Instituto Superior de Engenharía da Universidade do Algarve. Especialistas de países de Europa, Asia, Africa e América. Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais |
Seminario de Bioconstruçao, Tecnoloxías Sustentábeis e Pirefolio do Padre Himalaya. “Módulo Bioclimático Experimental, un recurso didáctico para la bioclimática y la bioconstrucción en el CIFP Someso de A Coruña” 21 xaneiro 2016. Faro (Portugal). Universidade do Algarve. Instituto Superior de Enxeñaría. Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais |
Programa Iacobus Formación ProfesionalSetembro 2015. A Coruña. Centro de Formação Profissional da Industria de construção Civil e Obras Públicas do Norte (CICCOPN) Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais |
Curso 2014-15 |
ENCONTRO SOLAR UDC 2015 | |
27 maio 2015. A Coruña. Profesores, alumnos e especialistas da Universidade da Coruña, Adega e o CIFP Someso compartimos unha apaixonante xornada de experimentación e divulgación cun remate gastronómico espectacular con cerca de 30 preparacións variadas incluíndo diversas sobremesas, para mais de 50 comensais. |
Profesores de Finlandia visitan o Módulo Bioclimático “A Vieira” e participan dunha comida solar. 21- 23 de abril de 2015. A Coruña. Centro de formación profesional Luksia. Lohja (Finlandia). Actividade definida no apartado: Actividades e Proxectos Internacionais |
Curso 2013-14 e anteriores |
Encontro solar
Maio 2014 Exposición de fornos, cociñas e diversos aparellos para o aproveitamento da enerxía solar organizado pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña. Demostración gastronómica solar. O equipo de Someso participou con 30 fornos e cociñas solares, así como un conxunto de aparellos didácticos sobre enerxía solar. Actividade definida no apartado: Actividades de divulgación da Enerxía Solar |
|
|||||||
XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN SOMESO 2011
Programa das Xornadas de Bioconstrución Someso 2011 (Galego) Programa de las "Xornadas de Bioconstrucción Someso 2011" (Español)
|
|||||||
XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN SOMESO 2010
Programa das Xornadas de Bioconstrución Someso 2010 (Galego)
|
|||||||
|
|||||||
Por problemas de descarga de estos archivos se recomienda utilizar Mozilla Firefox y tener actualizado el Acrobat reader a la última versión |
VII XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN SOMESO
Novembro 2008
Programa das VII Xornadas de Bioconstrucción Someso 2008 (Español)
XIII día da Ciencia na Rúa O sábado 10 de maio de 2008 participamos na XIII edición do Día da Ciencia na Rúa, promovido polo Concello de A Coruña e organizado pola Casa das Ciencias. Preme aquí se queres ver o proxecto que presentamos. E aquí para o vídeo da reportaxe do noso stand emitido pola TVG |
Preme sobre cada foto se a queres vela maior tamaño |
VI XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN SOMESO
Novembro 2007
Presentación resumo das VI Xornadas de Bioconstrucción Someso 2007 (Español)
Tríptico das VI Xornadas de Bioconstrucción Someso 2007 (Galego)
Durante os cursos 2006-07 e 2007-08 participamos nunha agrupación de centros promovida polo MEC, traballando sobre o tema: "Propostas para unha construción sostible: Bioconstrución" os seguintes centros: IES Santa Lucía de vecindario, Gran Canaria. IES Cristofól Ferrer de Barcelona IES Carmen Conde de Madrid IES La Merced de Valladolid IES Politécnico Hermenegildo Lanz de Granada e CIFP Someso de A Coruña |
Retorno á páxina principal do portal de Biocontrución Someso: