CONCURSO COMPARSAS CARNAVAL 2017
O 24 de Febreiro, celebramos o 1º Concurso de Comparsas de Carnaval organizado polo departamento de Imaxe Persoal, no que os diferentes cursos prepararon os disfraces con peiteado e maquillaxe, ao longo da mañá.
Acadaron o 1º premio os alumnos de FPBÁSICA PEITEADO E ESTÉTICA 1º B Titora: Teresa Raviña.
Noraboa a todos os participantes. Foi unha xornada moi interesante e esperamos que se repita nos vindeiros cursos.